Saltar ao contido

Día do Pai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pai dándolle de comer á súa filla.

O Día do Pai é unha conmemoración para celebrar a paternidade e crianza por pais, como o Día da Nai celebra a maternidade e a crianza materna. Vendedores retallistas promoven que se regalen ferramentas e outros regalos entendidos como masculinos nese día.

O Día do Pai ten orixe na antiga Babilonia, hai máis de 4000 anos. Un mozo chamado Elmesu moldeou e esculpiu en arxila o primeiro cartón. Desexaba sorte, saúde e longa vida a seu pai[1].

Nos Estados Unidos, Sonora Luise resolveu crear o Día do Pai en 1909, motivada pola admiración que sentía por seu pai, John Bruce Dodd. O interese pola data difundiuse da cidade de Spokane para todo o Estado de Washington e de aí tornouse unha festa nacional. En 1972, o presidente americano Richard Nixon oficializou o Día do Pai. Nos Estados Unidos conmemórase no terceiro domingo de xuño.

En España dise que foi unha mestra, Manuela Vicente Ferrero, quen inventou esta celebración en Madrid, 1948, iniciativa apoiada comercialmente por Galerías Preciados [2].

En gran parte do mundo, estabeleceuse un día do pai para honrar os pais ou devanceiros masculinos. Na tradición católica, o día do pai festéxase o día de San Xosé, (o 19 de marzo no santoral católico). Outras tradicións teñen outros días para celebrar os seus pais. Na actualidade, en moitos países tradicionalmente católicos tamén se festexa un día do pai máis "secular" ou "non relixioso".

  1. Elmesu, the Babylonian, Creates First Father’s Day Card Arquivado 20 de marzo de 2018 en Wayback Machine., por Gary Levine en LeeHerald.com, 18 de xuño de 2016 (en inglés).
  2. "El Día del Padre lo inventó en 1948 una maestra madrileña que actualmente tiene 92 años", en La Voz de Galicia 19.03.1996.
  3. Hoxe celébrase o Día do Pai, CRTVG, 19 de marzo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]