Dáctilo (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dáctilo
Dactylis glomerata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Subtribo: Dactylidinae
Xénero: Dactylis
Especie: Dactylis glomerata
L. 1753
Sinonimia
Véxase o texto

O dáctilo[1] Dactylis glomerata é unha gramínea perenne, nativa de Europa e con importancia como planta forraxeira.

Ilustración.
Vista da planta.
Ilustración.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta perenne, alta, ergueita, medra formando matos e os seus talos florais teñen unha altura de 60 a 120 cm .[2][3] As follas non teñen pelos e están pregadas, os limbos son planos con sección en «V», largos, longos e de ápice puntiagudo, posúen cores cinsentas e azulados e a súa nervadura central está moi marcada.[2][3] Son macías e moles cando son novas, e duras ao chegaren a adultas. A lígula é longa, abrancazada e sen aurículas. A inflorescencia é unha espiga con espículas aglomeradas en pólas (de aí o seu nome). O froito é un cariopse, pequeno, vestido, con aresta forte e xermolan de xeito doado.[2] As vaíñas son esmagadas e de quilla pronunciada.[3]

Distribución e adaptación[editar | editar a fonte]

Atópase en gran parte das rexións de clima temperado do hemisferio norte: Europa (é nativo do oeste e centro de Europa), Asia e norte de África. En América do Norte atópase no Canadá e nos Estados Unidos. No Hemisferio Sur salienta a súa presenza en Nova Zelandia e América do Sur (Chile e a Arxentina).[3]

Abunda en toda Galiza, salientando a variedade marítima en ecosistemas tipo cantil, mesturado con Angelica pachycarpa, Daucus carota subsps gummifer, Festuca rubra subsps. pruinosa, ou Rumex acetosa subsp biformis.[4].

É unha especie adaptada a solos de fertilidade alta e media, non convíndolle solos pesados que tenden a se alagar. O mesmo ca todas as especies orixinarias de clima húmido posúe un sistema radicular superficial e sensíbel á seca. Non medra a temperaturas menores de 5 °C e na primavera ten un gran desenvolvemento mais amodo ao principio.[2] Medra ben polo outono e mantense verde e produtivo até as xeadas.[3]

Importancia económica[editar | editar a fonte]

Crecemento e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A sementes xermolan de xeito doado mais o seu desenvolvemento vai amodo nas primeiras fases, xermolan axeitadamente dentro dun rango de temperaturas maior ca o de case todas as outras gramíneas de ciclo frío.[2][3]

Recoméndase a súa sementeira cedo polo outono para se establecer antes das xeadas, que poden afectar ás plantas miudiñas. Se se sementar na primavera pode verse afectado polas secas do verán do norte da Península Ibérica. Na primavera posúe un excelente crecemento, porén lento ao principio.

O regromo após a sega (acostuma ser a finais da primavera), é bo se as condicións son axeitadas: temperaturas non moi elevadas e humidade dabondo.

Na zona Cantábrica e en Galiza o seu crecemento adoita estar limitado por mor da seca; en secaños frescos e regadíos do interior o seu desenvolvemento pode verse reducido debido ás altas temperaturas.[2]

Esta gramínea medra moi axiña e deixa de ser apetecíbel para o gado que preferirá outras especies de crecemento máis amodo, isto ocorre en maior medida na primavera, cando o crecemento e a maduración se producen antes que na meirande parte das gramíneas adaptadas ao frío e á humidade.[3]

Agronomía e manexo[editar | editar a fonte]

A sementeira é preferíbel na primavera, época na que ten un gran crecemento, mais no norte da Península Ibérica pode haber problemas por mor das secas de verán.[2] Sementar a finais do verán e no outono da bos resultados se se deixa o tempo suficiente para que se establezan as plántulas.[3] Ademais, se se sementa a principios do outono o cultivo poderá establecerse antes das xeadas. Adóitase sementar en mestura con outras gramíneas e en asociación con leguminosas: no norte da Península Ibérica utilízase con ballico (Lolium perenne) e trevo branco (Trifolium repens) en pradeiras de longa duración de pastoreo e sega; se as pradeiras son só de sega empréganse a herba de Vigo (Lolium multiflorum) e o trevo rubio (Trifolium pratense). En Francia úsase coa alforfa coma acompañante.

O dáctilo adáptase ben ás condicións climáticas da Península e posúe diversas variedades, grazas a isto o seu uso está amplamente espallado,mais en case todas as mesturas é secundaria respecto doutras gramíneas.[2] A densidade de sementeira recomendada en asociación con leguminosas é de 3,3 a 11,3 kg/ha .

Polo xeral a fertilización é esencial para un alto rendemento. As leguminosas fornecen ao dáctilo o nitróxeno necesario para o seu desenvolvemento. Na meirande parte dos casos cómpre adubarmos con cal e fosfatos.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Esta planta produce unha boa forraxe cando é nova mais logo perde a súa calidade e dixestibilidade ao florear.

Se é sometido a defoliacións moi severas e frecuentes mediante sega ou pastoreo (sobre todo mediante pastoreo) as substancias de reserva desaparecerán, a súa capacidade de rexeneración verase limitada e ademais de producir menos pode morrer.[2]

As asociacións de dáctilo e leguminosas cómpren de sega e pastoreo ou a súa combinación para aproveitalo cando aínda é novo e apetecíbel para o gado e para manter un bo equilibrio entrambos. Malia aturar o pastoreo, non persiste moito baixo un pastoreo intenso continuo. Por mor disto, dá mellores resultados cando se regula o pastoreo ou se practica en rotación.

Por mor á gran produción de dáctilo na primavera, parte ou toda a superficie cultivada de dáctilo e leguminosas pode ser collida para conservación de feo o ensilaxe nesta época.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Dactylis glomerata foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 71. 1753.[5]

Etimoloxía

Dactylis: nome xenérico que provén do greg oantigo δάκτυλος dáktylos, que significa "dedo", o que alude á forma da panícula.[6]

glomerata: epíteto latino que significa "aglomerado, agrupado".[7]

Subespecies
  • Dactylis glomerata subesp. glomerata
  • Dactylis glomerata subesp. himalayensis
  • Dactylis glomerata subesp. hispanica (sin. D. hispanica)
  • Dactylis glomerata subesp. ibizensis
  • Dactylis glomerata subesp. judaica
  • Dactylis glomerata subesp. juncinella
  • Dactylis glomerata subesp. lobata (sin. D. aschersoniana)
  • Dactylis glomerata subesp. lusitanica
  • Dactylis glomerata subesp. marina (sin. D. marina)
  • Dactylis glomerata subesp. santai
  • Dactylis glomerata subesp. smithii
  • Dactylis glomerata subesp. woronowii (sin. D. woronowii)
Sinonimia
  • Aeluropus smithii (Link) Steud.
  • Bromus cylindraceus (Brot.) Brot.
  • Bromus glomeratus (L.) Scop.
  • Dactylis abbreviata Bernh. ex Link
  • Dactylis altaica Besser
  • Dactylis aschersoniana Graebn.
  • Dactylis canariensis Nees ex Steud.
  • Dactylis capitellata Link
  • Dactylis cylindracea Brot.
  • Dactylis decalcata Brand
  • Dactylis fasciculata C.Sm. ex Link
  • Dactylis glaucescens Willd.
  • Dactylis heterophylla Opiz ex Domin
  • Dactylis hispanica Roth
  • Dactylis hyrcana (Tzvelev) Mussajev
  • Dactylis ibizensis Gand.
  • Dactylis kirschbaumii Opiz ex Domin
  • Dactylis kovarovicii Opiz
  • Dactylis lobata (Drejer) Ostenf.
  • Dactylis marina Borrill
  • Dactylis maritima (Hack.) Rivas Mart.
  • Dactylis metlesicsii P.Schönfelder & D.Ludw.
  • Dactylis nemorosa Opiz ex Domin
  • Dactylis noeana Steud.
  • Dactylis ortmanniana Opiz
  • Dactylis pendula (Dumort.) B.D.Jacks.
  • Dactylis peylii Opiz ex Domin
  • Dactylis polygama Horv.
  • Dactylis pubescens Opiz ex Domin
  • Dactylis rigida Boiss. & Heldr.
  • Dactylis scaberrima Opiz
  • Dactylis scabra W.Mann ex Opiz
  • Dactylis scabra Mann ex Domin
  • Dactylis slovenica Domin
  • Dactylis smithii Link
  • Dactylis stenophylla Opiz ex Domin
  • Dactylis villosa Ten.
  • Dactylis woronowii Ovcz.
  • Festuca glomerata (L.) All.
  • Festuca glomerata (L.) Spreng.
  • Festuca phalarioides Lam.
  • Koeleria dactylis Chaub.
  • Limnetis glomerata (L.) Eaton
  • Phalaris glomerata (L.) Gueldenst.
  • Poa smithii (Link) Kunth
  • Sesleria cirtensis Trab.
  • Trachypoa vulgaris Bubani[8]

Variedades[editar | editar a fonte]

  • Luna Roskilde (Dinamarca)
  • S-26 e S-37 (Gran Bretaña)
  • Modac (Holanda)
  • Nika (Polonia)
  • Lucifer (Francia)
  • Adac I e II (España)
  • Artabro (Galiza)
  • Rodeiro (Galiza)
  • Prius
  • Hera
  • Chantemille (Francia)
  • Daprime (Francia)
  • Lully (Francia)
  • Lucyle
  • Lutetia
  • Currie (Australia)
  • Berber (Australia)
  • Kasbah (Australia)[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Muslera Pardo, E., Ratera García, C. 1991. "Praderas y Forrajes". Mundi-Prensa, Madrid.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Hughes, H.D., Heath, M., Metcalfe, D. 1966. "Forrajes". Editorial Continental, México.
  4. http://www.vexetaciondegalicia.es/habitats-mtipos-cantis.html
  5. "Dáctilo (planta)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de decembro de 2013. 
  6. (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 13-11-2007. Consultado o 26-01-2010. 
  7. En Epítetos Botánicos
  8. "Dactylis". The PlantList (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]