Rabaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Angelica pachycarpa»)
Rabaza
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
(sen clasif.): Asteridae
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Xénero: Angelica
Especie: A. pachycarpa
Nome binomial
'Angelica pachycarpa'
Lange.

A rabaza[1] (Angelica pachycarpa) é unha herbácea perenne nativa do noroeste da Península Ibérica,[2] e naturalizada en Nova Zelandia.[3] Medra en forestas, herbeiras e nas beiras dos regatos e, ocasionalmente, cultívase coma ornamental pola súa follaxe brillante e as súas flores en umbelas abrancazadas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Angelica pachycarpa é unha planta carnosa, grosa, de curta duración. Medra sobre un metro de altura, e ten unha follaxe verde escura moi brillante. As flores son dun branco cremoso até un ton averdado en umbelas planas de 10 a 20 cm de ancho. A follaxe e os talos ocos teñen un arrecendo anisado feble. Os talos son teñen sucos. A follaxe básica é de pinnada a dous ou tres e moi peciolada; as follas do talo son de 1 a 3 pinnadas con pecíolos moi curtos. O froito é de até 12 milímetros de longo, marrón con ás de cor clara, e ten un recendo semellante ao pemento.[3]

Angelica pachycarpa atópase na comunidade Crithmo-Armerion maritimae (Géhu 1968) da Península Ibérica (cantís marítimos de Galicia) que tamén inclúe especies coma: Armeria berlengensis, Armeria euscadiensis, Armeria maritima subsp. miscella, Armeria pubigera subsp. depilata, Armeria pubigera subsp. pubigera, Centaurea borjae, Daucus gingidium subsp. atlanticum, Leucanthemum ircutianum subsp. crassifolium, Leucanthemum merinoi, Leucanthemum pluriflorum, Rumex acetosa subsp. biformis, Rumex rupestris, Sesamoides suffruticosa subsp. latifolia, Silene uniflora, Spergularia rupicola subsp. rupicola, Trifolium occidentale.[4]

Nomes comúns[editar | editar a fonte]

  • Rabaza, brizo mariño, anxélica mariña[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rabaza.
  2. Méndez, J.; Rubido, J.; Mato, M. C. (1973). "Coumarins of Angelica pachycarpa". ISSN 29 (3): 371–372. doi:10.1007/BF01926538. 
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2014. 
  4. http://www.ucm.es/info/cif/book/addenda/addenda2_01.htm
  5. Nomes vulgares galegos en blog de plantas e animais a través de Buscatermos da USC.