Cártamo silvestre
Cártamo silvestre | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carthamus lanatus: inflorescencia (capítulo) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Carthamus lanatus' L., 1753 |
O cártamo silvestre ou cardo cabreiro[1] (Carthamus lanatus), é unha especie pertencente á familia Asteraceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta anual, de 10 a 60 cm de altura (e até o dobre en solos subnitrófilos); con talos erectos, moi ramificados - especialmente nas súas partes media e superior, e cubertos dun abundante tomento laúdo branco (de aí o seu nome específico en latín, lanatus), en particular durante a pre-antese. Follas ovais lanceoladas, glandulosa-viscosas, con lóbulos moi profundos, e terminadas en espiño. Flores amarelas brillantes, en capítulos duns 3 cm de diámetro, agrupados en corimbo ou ben solitarios. Brácteas exteriores moi parecidas ás follas superiores, pero máis curtas e menos espiñentas; as internas lanceoladas, escariosas, máis ou menos denticuladas e con puntas escuras. O receptáculo é de forma cónica aguda, con sedas en forma de fita abrancazadas. Os froitos son cipselas heteromorfas poligonais, curtas, cónico-ovaladas, de cor parda e con riscos irregulares; as interiores cun papo de sedas/escamas denticuladas, algo máis longo que o corpo; e as exteriores sen as filas externas de escamas do papo. Os dous tipos teñen o apex cunha coroa ondulada/denticulada, cunha fileira interna de pelos curtos ásperos no centro. A súa semente é viábel durante máis de oito anos á intemperie[2]
No Mediterráneo, florea desde principios de maio até final do verán.
A subespecie creticus (=baeticus) ten idénticas características, mais é arbustiva e podería acadar os 5 m.[3]
Na identificación como plántula, para o seu control agronómico: ten cotiledóns verdes moi escuros, orbiculares a ovais, crasos, con lámina de 8–14 mm por 8–11 mm; unha nervadura central visíbel; pecíolo curto e dilatado na base.[1]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Endémica de Europa, Siberia, a conca mediterránea, Irán, de 0 a 1 200 msnm, e estendida por todo o mundo como maleza, fundamentalmente en rexións temperadas de América e de Australia (lexislada a súa restrición xa desde 1887 en todos os seus distritos de cereais) [2], onde chegou a formar inmensos matos impenetrábeis agás cun machado. Pódese encontrar até a 2.000m de altitude, concretamente na Najarra (Serra de Guadarrama, España).
Habita áreas máis ou menos rochosas, beiravías/gabias, lugares asollados, barbeitos etc...; moi resistente a secas e bastante susceptíbel a xeadas.
Tería potencial para transmitir as súas características de resistencia a enfermidades criptogámicas a outras especies do xénero, mais fainas render menos aceite.
Historia
[editar | editar a fonte]Unha especie ben coñecida por antigos botánicos como Teofrasto, Plinio, e Dioscórides; este última menciónaa como antídoto para picadas da pezoña de escorpión.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Carthamus lanatus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2: 830, 1753.[5]
O número de cromosomas é de 2n=44 (o miemo para a sub-especie creticus / baeticus)[6]
- Anactis pilosa Raf.
- Atractylis fusus-agrestis Gaertn.
- Atractylis lanata Scop.
- Atractylis leucocephala Moench
- Atractylis lutea Bubani
- Atractylis pilosa Moench
- Calcitrapa lanuginosa Steud.
- Carduncellus lanatus Moris
- Carduus attractylis Garsault
- Carthamus albus Desf.
- Carthamus elatus (Gasp.) Nyman
- Carthamus creticus L.
- Carthamus exsuccus Chaix
- Carthamus lanatus subsp. baeticus (Boiss. & Reut.) Nyman
- Carthamus lanatus subsp. creticus (L.) Holmboe
- Carthamus lanatus subsp. lanatus L.
- Carthamus macedonicus Herzog
- Carthamus tauricus Bieb.
- Carthamus turbinatus Nyman
- Centaurea lanata (L.) Lam. & DC.
- Kentrophyllum baeticum Boiss. & Reut.
- Kentrophyllum lanatum (L.) DC.
- Kentrophyllum lanatum Duby
- Kentrophyllum tauricum (M. Bieb) Meyer
- Kentrophyllum turbinatum Gasp. ex Guss.
- Phonus lanatus (L.) Hill[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denominacións galegas en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
- ↑ "Edwin Kessler University of Oklahoma, Norman 73019" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ "Cártamo silvestre". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de xullo de 2012.
- ↑ Recherches biosystématiques sur la Section Jacea Cass. et quelques Sections voisines du genre Centaure, L... Gardou, C. (1972) Feddes Repert. 83: 311-472; Karyology, generic delineation and dysploidy in the genera Carduncellus, Carthamus and Phonus (Asteraceae), Vilatersana, R. & al. (2000) Bot. J. Linn. Soc. 134: 425-438
- ↑ Cártamo silvestre en PlantList
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cártamo silvestre |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cártamo silvestre |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Munz, P.A., D.D. Keck. 1959. Una Flora Californiana. Prensa de la Universidad de California. Berkeley, Os Ánxeles, pp. 1273.
- Abrams, L. & R. S. Ferris. 1960. Bignonias to Sunflowers. 4: 732 pp. In L. Abrams Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford.
- Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
- Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.