Cyanocorax
| Cyanocorax | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||



Cyanocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.[1][2][3]
Comprende especies propias do Neotrópico que se distribúen desde o sur de Texas a través de México, América Central e do Sur até o centro da Arxentina.[4]
Características
[editar | editar a fonte]As especies do xénero Cyanocorax son paxaros grandes que se encontran sobre todo en terras baixas (C. yncas é a única realmente montana) con corpos máis pesados que as do xénero Cyanolyca. A maioría presenta polo menos unha curta crista frontal. Poden dividirse en dous grupos: o primeiro, maiores, de iris escuro e xeralmente de colorido máis uniforme; o segundo de iris pálido, de patrón máis definido (usualmente de pelaxe branca polas partes inferiores e na punta da cola). Dúas especies, C. cristatellus e C. heilprini parecen ser unha ponte entre os dous grupos. Todos son paxaros atrevidos, vociferantes e, a miúdo, inquisitivos, que buscan o alimento en grupos de seis a oito individuos.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1826 polo zoólogo alemán Friedrich Boie.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Cyanocorax está formado polos termos do grego antigo κύανος kýanos "azul escuro" e κóραξ kórax "corvo".[6][7] Literalmente: "os corvos de cor azul escuro".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[1][3]
- Cissilopha Bonaparte, 1850
- Cyanacorax Blyth, 1846
Especies
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS e a Unión Ornitolóxica Internacional na actualidade recoñécense as seguintes 17 especies:[2][8]
- Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856
- Cyanocorax beecheii (Vigors, 1829)
- Cyanocorax caeruleus (Vieillot, 1818)
- Cyanocorax cayanus (Linnaeus, 1766)
- Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) (especie tipo)
- Cyanocorax cristatellus (Temminck, 1823)
- Cyanocorax cyanomelas (Vieillot, 1818)
- Cyanocorax cyanopogon (Wied-Neuwied, 1821)
- Cyanocorax dickeyi R. T. Moore, 1935
- Cyanocorax heilprini , 1885
- Cyanocorax luxuosus (Lesson, 1839)
- Cyanocorax melanocyaneus (Hartlaub, 1844)
- Cyanocorax mystacalis (Sparre, 1835)
- Cyanocorax sanblasianus (Lafresnaye, 1842)
- Cyanocorax violaceus Du Bus de Gisignies, 1847
- Cyanocorax yncas (Boddaert, 1783)
- Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875)
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Cyanocorax F.Boie, 1826 no GBIF. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- 1 2 3 Cyanocorax F. Boie, 1826 no ITIS. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- 1 2 Cyanocorax Boie, 1826 no BioLib. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, D. Roberson, T. A. Fredericks, B. L. Sullivan & C. L. Wood. (2015): The eBird/Clements checklist of birds of the world: v. 2015. Consultado en: Excel Clements Checklist v. 2015, o 23 de decembro de 2021.
- ↑ Ridgely Robert &d Guy Tudor (2009): Cyanocorax, p. 517, en Field guide to the songbirds of South America: the passerines – 1st ed. Austin: University Of Texas Press. ISBN 978-0-2927-1748-0.
- ↑ Holloway, Joel Ellis (2003). Dictionary of Birds of the United States: Scientific and Common Names. Timber Press. p. 79. ISBN 978-0-8819-2600-2.
- ↑ Jobling, J. A. (2015). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. "Key to Scientific Names in Ornithology". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 25 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cyanocorax |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cyanocorax |