Cyanocorax cristatellus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cyanocorax cristatellus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. cristatellus
Nome binomial
Cyanocorax cristatellus
Temminck, 1823
Área de distribución de Cyanocorax cristatellus
Área de distribución de Cyanocorax cristatellus

Área de distribución de Cyanocorax cristatellus

Cyanocorax cristatellus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax, que habita en diversas zonas do Brasil e Paraguai.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1823 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.[2][3]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Non se recoñecen subespecies.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Esta pega do Novo Mundo é un paxaro fermoso e grande, de 35 cm de lonxitude, co dorso predominantemente azul escuro, a cabeza e o pescozo case negros e o peito e as partes inferiores brancas como a neve. Ten unha pronunciada crista encrespada de plumas xusto detrás do peteiro; a crista é en media máis grande nos machos, pero ambos os sexos son xeralmente bastante semellantes.

A súa voz é forte, gris, graa, gris-gris-gris, ás veces reptida 8 ou 10 veces, que soan semellantes ás do corvo.[4]

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase en Bolivia, o Brasil e Paraguai, onde habita en zonas entre os 10 e os 1 100 m de altirude.[1]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Cyanocorax cristatellus vive en grupos de 6 a 12 individuos, pasando dunha fonte de alimento a outra durante o día. Deixan un miradoiro preto para vixiar aos depredadores.[5]

Este paxaro é un xeneralista, come case calquera cousa, incluídos ovos e crías doutras aves, insectos, artrópodos e pequenos vertebrados como os geckos. Tamén lle gustan as noces de palma e gústalle especialmente as sementes da autóctona Inga laurina e os froitos da árbore Schefflera actinophylla. Mesmo se observou que pasa a madrugada nun Caryocar brasiliense onde se alimenta de néctar, e quizais tamén dos invertebrados que visitan as flores desta planta principalmewnte na notie.[6]

Estado de consevación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do seu hábitat. A tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e aínda que non se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se aproxime aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da poboación, polo que o status da especie é cualificado como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2017): Cyanocorax cristatellus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Cnsultada o 23 de febreiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Cyanocorax cristatellus (Temminck, 1823)] no GBIF. Consutado o 23 de febreiro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Cyanocorax cristatellus (Temminck, 1823) no BioLib. Consutado o 23 de febreiro de 2022.
  4. Sick 1993.
  5. Ragusa-Netto 2000.
  6. Mel 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo J., Elliott A., Sargatal J., Christie D.A. & de Juana E. (eds.).: Handbook of the Birds of the World. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-420-2. (Como Cyanocorax cristatellus Temminck, 1823).
  • Melo, C. (2001): "Diurnal bird visiting of Caryocar brasiliense Camb. in Central Brazil". Revista Brasileira de Biologia 61 (2): 311-316.
  • Ragusa-Netto, J. (2000): "Raptors and "campo-cerrado" bird mixed flock led by Cypsnagra hirundinacea (Emberizidae: Thraupinae)". Revista Brasileira de Biologia 60 (3): 461-467.
  • Sick, Helmut (1993): Birds of Brazil – A Natural History. Princeon: Princeton University Press. ISBN 0-6910-8569-2.
  • Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7629-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]