Cyanocorax yucatanicus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cyanocorax yucatanicus
Yucatan Jay -Mexico -adult-8.jpg
Adulto en México.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. yucatanicus
Nome binomial
Cyanocorax yucatanicus
(Dubois, 1875)
Área de distribución de Cyanocorax yucatanicus

Área de distribución de Cyanocorax yucatanicus

Cyanocorax yucatanicus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax.[2][3][4]

É unha especie case endémica da península do Iucatán, pero tamén habita en Belize, Guatemala (El Petén) e no sur de México (estados de Quintana Roo, Campeche, Iucatán e Tabasco).

O seu hábitat natural son os bosques secos subtropicais e tropicais, e os bosques antigos degradados.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1875 polo ornitólogo belga Alphonse Joseph Charles Dubois, baixo o nome de Cissilopha yucatanica.[5]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñceuse tamén polo sinónimo:[5]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na especie recoñecense dúas subespecies:[2][5]

  • Cyanocorax yucatanicus rivularis (Brodkorb, 1940)
  • Cyanocorax yucatanicus yucatanicus (A. J. C. Dubois, 1875)

Características[editar | editar a fonte]

Cyanocorax yucatanicus mide aproximadamente 30 cm de lonxitude. Os adultos teñen a plumaxe negra na maior parte do corpo, coas ás, o dorso e a cola de cor azul cerúlea; os peteiros son negros. Os aneis oculares e as patas son de cor amarela. Os xuvenís do Iucatán teñen as partes espidas completamente amarelas e a plumaxe corporal branca en lugar de negra. Mudan a plumaxe branca en setembro ou outubro, pero conservan o bico amarelo e o anel dos ollos durante uns meses máis. Tamén teñen as rectrices coa punta pálida, das que carecen os adultos.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase principalmente na península de Iucatán, que comprende a parte norte de Belize e o departamento de El Petén do norte de Guatemala e os estados mexicanos de Iucatán, Quintana Roo e Campeche. Tamén está presente en partes dos estados veciños de Chiapas e Tabasco.[1]

Os seus hábitats naturais son bosques secos tropicais e subtropicais, antigos bosques moi degradados e plantacións, encontrándose até os 250 m de altitude.[6]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerdo que Cyanocorax yucatanicus é unha especie común na maior parte da súa área de distribución, que é unha especie adaptábel e pénsase que a poboación vai aumentando a medida que a roza dos bosques está creando novas áreas de hábitat axeitado, e que non se identificaron ameazas particulares cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2020): Cyanocorax yucatanicus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultgada o 13 de xaneiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875) no GBIF. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
  3. Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875) no ITIS. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
  4. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018): "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 21 de febreiro de 2022.
  5. 5,0 5,1 5,2 Cyanocorax yucatanicus (A. J. C. Dubois, 1875) no BioLib. Consultado o 21 de febreiro de 2022.
  6. Van Perlo, Ber (2006): Birds of Mexico and Central America. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2070-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bird, J .P., Martin, R., Akçakaya, H. R., Gilroy, J., Burfield, I. J., Garnett, S. G., Symes, A., Taylor, J., Şekercioğlu, Ç. H. and Butchart, S. H. M. (2020): "Generation lengths of the world’s birds and their implications for extinction risk". Conservation Biology 34 (5): 1252-1261.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]