Cyanocorax caeruleus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cyanocorax caeruleus

No Parque Nacional de Aparados da Serra
(Rio Grande do Sul e Santa Catarina)
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. caeruleus
Nome binomial
Cyanocorax caeruleus
(Vieillot, 1818)
Área de distribución de Cyanocorax caeruleus
Área de distribución de Cyanocorax caeruleus

Área de distribución de Cyanocorax caeruleus
En voo
Gralha-azul, ave símbolo do Paraná

Cyanocorax caeruleus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax.

Encóntrase no suroeste do Brasil (desde o estado de São Paulo até o de Rio Grande do Sul), chegando ao leste de Paraguai e o nordeste da Arxentina, en bosques da chamada Mata Atlántica, especialmente nos que abunda a especie Araucaria angustifolia.

É a ave símbolo do estado do Paraná.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[3] baixo o nome de Pica coerulea,[4] no vixésimo sexto tomo da súa obra Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle, dun espécime que encontrou no Paraguai.[5]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero ver Cyanocorax.

O epíteto específico, caeruleus, deriva do nominativo singular do adxectivo latino cæruleus, -a, um, "azulado".

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]

Características[editar | editar a fonte]

Cyanocorax caeruleus ten unha lonxitude total de aproximadamente 40 cm, e pesa uns 270 g, e é o córvido máis grande de América do Sur. A súa plumaxe é de cor azul intenso coa cabeza e a parte superior do peito de cor negra contrastante. Os machos e as femias son semellantes, aínda que as femias normalmente son máis pequenas.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Nutrición[editar | editar a fonte]

Aliméntase en gran medida de sementes, como as noces de Araucaria angustifolia, pero non se limita estritamente a isto, xa que tamén consome insectos e froitas.

Costumes[editar | editar a fonte]

Ao igual que outros córvidos, é moi intelixente. A súa comunicación é complexa, e consta de polo menos de 14 distintas vocalizacións. Forma grupos de 4 a 15 individuos que están ben organizados en xerarquías. Estes grupos mantéñense estábeis até polo menos dúas xeracións.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A súa época de cría é de outubro a xaneiro. Este paxaro é un criador social. As femias poñen de 2 a 4 ovos no niño, que está feito con paus, e situado entre os 10 e os 20 m sobre o chan nunha árbore do xénero Araucaria.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é probábel que esta especie, que habita nos bosques, estea diminuíndo con moderada rapidez en toda a súa área de distribución como resultado da destrución do seu hábitat, cualifica o seu status como NT (case ameazada).[1]

Folclore e cultura[editar | editar a fonte]

Cóntase que unha gralla negra estaba enriba dunha araucaria, cando se asustou polo son dun home que intentaba derrubar a árbore cunha machada. Entristecido pola destrución do seu fogar, o corvo voou ao ceo, cando escoitou unha voz que dicía que sería pintada coa cor do ceo e que sería gardián das árbores. E como gardián das araucarias, até as armas negarían o fogo cara a ela.[6]

Este folclore baséase sobre todo no hábito que ten esta ave de enterrar sementes de araucaria para consumir posteriormente, favorecendo a propagación da árbore por toda a comarca, e sendo considerada a maior difusora da especie.[6]

Pero, por riba, amosa a importancia que teñen para os habitantes de Paraná a araucaria e a gralla azul. Como quedou dito, é o símbolo oficial do estado de Paraná, dá nome ao máximo premio das artes teatrais de Paraná (Troféu Gralha Azu),[7] e é a mascota do equipo de fútbol Paraná Clube, e figura no escudo deste equipo.[8]

Tamén inspirou ao superheroe de cómics O Gralha (O Gralla), un superheroe creado por artistas de Curitiba.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2017): Cyanocorax coeruleus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 23 de febreiro de 2022.
  2. Anderson Gonçalves (5 de outubro de 2011). Gazeta do Povo, ed. "Confira dez dos animais mais famosos da fauna paranaense". Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  3. Cyanocorax caeruleus (Vieillot, 1818) no GBIF. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
  4. 4,0 4,1 en/taxon/id27498/ Cyanocorax caeruleus (Vieillot, 1818) no BioLib. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
  5. Zotta, A. R. (1940): "Lista sistemática de las aves argentinas". El Hornero. Revista de orninología neotropical 7 (3): 447-472. Consultado o 23 de febreiro de 2022.
  6. 6,0 6,1 A Lenda da Gralha Azul Arquivado 02 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine..
  7. Bem Vindo ao Troféu Gralha Azul Arquivado 17 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Fundação Teatro Guaira.
  8. Pedro Melo (27 de xullo de 2015). Banda B, ed. "Em nova ação de marketing, mascote do Paraná desfaz mandinga na Vila Capanema". Consultado o 23 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chebez, J. C. (1994): Los que se van: especies argentinas en peligro. Buenos Aires: Albatros. ISBN 978-95-0240-623-7.
  • Dinerstein, E.; Olson, D. M.; Graham, D. J.; Webster, A. L.; Primm, S. A.; Bookbinder, M. P. e Ledec, G. (1995). A conservation assesssment of the terrestrial ecoregions of Latin America and the Caribbean. Washington, D.C.: World Bank. ISBN 978-0-8213-3295-5.
  • Fearnside, P. (1996): "Brazil". En: Harcourt, C. S. & Sayer, J. A. (eds.) The conservation atlas of tropical forests: the Americas. New York, London. etc.: Simon & Schuster. pp. 229-248.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]