Igrexa de Santo Estevo de Cumiar
| Igrexa de Santo Estevo de Cumiar | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cumiar | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Diocese
| |||||||
|
Dedicado a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é a igrexa parroquial de Cumiar ao leste do concello de Ponteareas, xunto a Mondariz. É un templo románico. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.
Descrición
[editar | editar a fonte]Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. A portada occidental ten dúas arquivoltas apuntadas planas e de aresta viva que apoian sobre columnas de capiteis vexetais sinxelos. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos.
O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara a adiante.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portada occidental.
