Cullereiro africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Platalea alba
Na canle de Kazinga, Kenya
Na canle de Kazinga, Kenya
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Threskiornithidae
Xénero: Platalea
Especie: P. alba
Nome binomial
Platalea alba
Scopoli, 1786
Sinonimia

Platalea tenuirostris Temminck, 1820

O cullereiro africano[2] (Platalea alba) é unha ave acuática de patas longas[3] da familia dos ibis e cullereiros, Threskiornithidae. A especie esténdese por África continental e Madagascar, incluíndo Botswana, Kenya, Mozambique, Namibia, Suráfrica e Zimbabwe.[3]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Viven en zonas húmidas pantanosas con zonas de augas abertas pouco profundas e aniñan en colonias nas árbores ou xunqueiras. Normalmente non comparten as colonias con cegoñas ou garzas. O cullereiro africano aliméntase en augas pouco profundas, onde captura peixes,[3] moluscos,[3] anfibios, crustáceos,[3] insectos[3] e larvas.[3] Utiliza o seu peteiro espatulado aberto para capturar o alimento movéndoo de lado a lado na auga e péchao cando atopa algo.[3] As súas patas longas e delgadas e dedas finas permítenlle camiñar doadamente en diversas profundidades de auga.[4]

É unha especie case inconfundible na maior parte da súa área de distribución. O paxaro en idade reprodutora é todo branco agás nas súas patas e face, que son vermellas, e no longo e espatulado peteiro. Non ten crista, a diferenza do cullereiro Platalea leucorodia. As aves inmaturas non teñen a cara vermella e o seu pico é amarelo. A diferenza das garzas, os cullereiros voan cos pescozos estendidos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

En voo
Platalea alba

Empezan a reproducirse en inverno e seguen na primavera.[3] A niño está xeralmente localizado en árbores que colgan sobre a auga, e está construído de ramiñas e xuncos e forrado con follas.[4] Poñen de tres a cinco ovos, xeralmente nos meses de abril e maio.[3] Ambos os proxenitores incuban os ovos durante 29 días, e despois de eclosionaren as crías son coidadas por ambos os pais durante de 20 a 30 días.[3] As crías poden abandonar o niño pouco despois e empezan a voar pasadas outras catro semanas.[3]

É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación de aves acuaticas migratorias africanas-eurasiáticas (AEWA).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Platalea alba". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 2 de xaneirode 2019. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "African Spoonbill." Arquivado July 7, 2011, en Wayback Machine. Honoluluzoo.org. Accessed June 2011.
  4. 4,0 4,1 "African Spoonbill Fact Sheet, Lincoln Park Zoo"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grzimek, H. C. Bernhard, ed. (1972). Grzimeks Animal Life Encyclopedia of Birds. New York, New York: Van Nostrand Reinhold Company.
  • Middleton, Alex L. A. and Dr. Christopher M. Perrins, eds. (1985). The Encyclopedia of Birds. New York, New York: Facts on File, Inc.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]