Giovanni Antonio Scopoli
Gravado de G. A. Scopoli | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1723 Cavalese, Condado de Tirol, Sacro Imperio Romano-Xermánico |
Morte | Pavia, Condado de Pavia 8 de maio de 1788 |
Causa da morte | Ictus |
País de nacionalidade | austríaca |
Educación | Universidade de Innsbruck |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, natural science (en) , Mineraloxía, entomoloxía e medicina |
Lugar de traballo | Idrija (1754–1769) Venecia Banská Štiavnica (pt) Cavalese Pavia Idrija |
Ocupación | médico, naturalista |
Empregador | Universidade de Pavia |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Scop. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Scopoli |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:33, p.210) Biographisch-literarisches Handwörterbuch zur Geschichte der exacten Wissenschaften (en) |
Giovanni Antonio Scopoli, (ás veces latinizado como Johannes Antonius Scopolius), nado o 3 de xuño de 1723 en Cavalese, Condado de Tirol, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe na provincia de Trento, Italia), e finado o 8 de maio de 1788 en Pavia, foi un médico e destacado naturalista italo-austríaco.
O seu biógrafo Otto Guglia chamouno o "primeiro anacional europeo" e o "Linneo do Imperio austríaco".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun avogado, estudou medicina na Universidade de Innsbruck, onde se doutorou. Exerceu a profesión médica en Cavalese, e despois en Venecia.[2] Neste período comezou a recolectar plantas e insectos da zona dos Alpes.
Durante dous anos foi o secretario particular dol conde de Seckan, e despois exerceu como médico dos mineiros en Idrija, un pequeno pobo de Eslovenia, permaneciendo alí durante sete anos.
En 1761 publicou De Hydroargyro Idriensi Tentamina, que trataba sobre os síntomas debidos ao envelnenamento polo mercurio causado no traballo na minaría.
Scopoli dedicoua moito tempo ao estudo da Natureza local, publicando en 1760 Flora Carniolica, unha importante obra de entomoloxía.
Outra das súas obras foi Anni Historico-Naturales (1769-1772), na que inclúe descricións de novas especies de aves procedentes de diversas coleccións.
En 1769, Scopoli establécese en Chemnitz (hoxe Banská Štiavnica, Eslovaquia) como profesor encargado de química e metalurxia na Academia de Minaría e, en 1777, trasládase á Universidade de Pavia.[2] Alí converteuse nun feroz rival de Lazzaro Spallanzani, a quen acusou de roubar exemplares do Museo de Pavia. Spallanzani foi xulgado e o prolongado xuízo resultou na súa absolución. Pouco despois, Scopoli morreu dun ictus.[3]
O seu último traballo foi Deliciae Flora et Fauna Insubricae (1786-1788), na que se inclúen os nomes científicos das aves e os mamíferos descritos por Pierre Sonnerat nos seus apuntamentos de viaxe.
Scopoli mantivo correspondencia con Carl Linnaeus, o botánico sueco que sentou as bases da taxonomía moderna.[1] Scopoli comunicoulle todas as súas investigacións, descubrimentos e descricións (por exemplo do Proteus anguinus e un glírido, dous pequenos animais até aquela descoñecidos por Linneo). Linneo respetouno moito e mostrou grande interese polo seu traballo. Por mor de estar separados por unha gran distancia, nunca se atoparon.[4][5]
Obras
[editar | editar a fonte]- De affectibus animi dissertatio physico-medica. Trento 1753.
- Methodus plantarum 1754.
- Flora Carniolica Scopoli, Antonio. 1760.
- De Hydroargyro Idriensi Tentamina Scopoli, Antonio. 1761.
- Tentamina physico-chymico-medica 1761.
- Entomologia Carniolica Viena: Trattner. 1763. Unha obra mayior sobre entomoloxía que contén numesosas descricións de novas especies.
- Annus I–V historico-naturalis. Hilscher, Leipzig 1768–1772.
- Einleitung zur Kenntniß und Gebrauch der Foßilien. Für die Studirenden. Verlag Johann Friedrich Hartknochs, Riga und Mietau 1769.
- Joh. Ant. Scopoli der Arzneywissenschaft Doktors, Ihro ... Majest. Cameralphysici in der Bergstadt Idria ... Einleitung zur Kenntniß und Gebrauch der Foßilien, Hartknoch4031 Göttingen : Niedersächsische Staats- und UniversitätsbibliothekRiga (1769). Tese de doutoramento.
- Bemerkungen aus der Naturgeschichte. Leipzig 1770.
- Abhandlung vom Kohlenbrennen. Viena 1771.
- De Hydrargyro Idriensi tentamina physico-chymico-medica. Jena, Leipzig 1771.
- Preis-Schrift über die Frage von den Ursachen des Mangels an Dünger in Görtz und Gradiska. Viena 1771.
- Anni Histórico-Naturales Scopoli, Antonio. 1769-1772.
- Dissertationes ad scientiam naturalem pertinentes. Gerle, Praga 1772.
- Principia mineralogiæ systematicæ et practicæ succincte exhibentia structuram telluris. Gerle, Praga 1772.
- Flora Carniolica exhibens plantas Carnioliae indigenas et distributas in classes, genera, species, varietates, ordine Linnaeano 1772. Segunda edición revisada da primeira descrición elaborada da flora de Krain, Austria, feita cando Scopoli viviu en Idrija. Ten 66 láminas gravadas por J. F. Rein a partir dos debuxos orixinais de Scopoli. A 1ª edición non ilustrada de 1760, de 600 pp. no ten os nomes binarios das especies; esta edición xa ten nomes binarios seguindo a tradición linneana.
- Crystallographia Hungarica. Gerle, Praga 1776.
- Introductio ad historiam naturalem, sistens genera lapidum, plantarum et animalium hactenus detecta, caracteribus essentialibus donata, in tribus divisa, subinde ad leges naturae. Praga 1777. Obra mestra de Historia natural describindo xéneros e especies de todo o mundo.
- Fundamenta chemicae praelectionibus publicis accomodata. Gerle, Praga 1777.
- Introductio ad historiam naturalem. Gerle, Praga 1777.
- Principi di mineralogia. Venedig 1778.
- Fundamenta Botanica Praelectionibus publicis accomodata. Papiae, S. Salvatoris (1783). Un clásico botánico con dez láminas gravadas e cada unha con de dez a dezaseis ilustraciones exactas.
- Con Pierre Joseph Macquer, Dizionario di chimica del Sig. Pietro Giuseppe Macquer... Tradotto dal francese e corredato di note e di nuovi articoli... Pavia: impresa no Mosteiro de San Salvatore por G. Bianchi (1783-84). O químico Joseph Macquer e o seu "Dictionnaire de chymie", o primeiro dicionario de química teórica e xeral, escrita afectando s súa reputación, polo que Macquer o publicou anonimamente en 1766. O seu grande éxito promoveu a preparación dunha segunda edición revisada (1778). Máis tarde Scopoli traduciuno e aumentouno extensamente. A segunda edición da obra traducida, sen posteriores adicións, publicouse en Venecia en 1784-1785.
- Anfangsgründe der Metallurgie. Moeßle, Schwan & Götz, Viena, Mannheim 1786–1789.
- Deliciae Flora et Fauna Insubricae Scopoli, Antonio. 1786-1788.
- Elementi di chimica e di farmacia. Pavia 1786.
- Physikalisch-chemische Abhandlung vom Idrianischen Quecksilber und Vitriol. Lindauer, Múnic 1786.
- Abhandlung von den Bienen und ihrer Pflege. Viena 1787.
- Rudimenta metallurgiae 1789.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- Xéneros
- (Bixaceae) Scopolia Lam.[6]
- (Brassicaceae) Scopolia Adans.[7]
- (Griseliniaceae) Scopolia J.R.Forst. & G.Forst.[8]
- (Rutaceae) Scopolia Sm.[9]
- (Solanaceae) Scopolia Jacq.[10]
- (Thymelaeaceae) Scopolia L.f.[11]
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura Scop. emprégase para indicar a Giovanni Antonio Scopoli como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
A abreviatura Scopoli emprégase para indicar a Giovanni Antonio Scopoli como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Branko Soban. "A Living Bond between Idrija and Uppsala". The Slovenian. Consultado o 3 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Newton, Alfred 1881. Scopoli's ornithological papers. The Willoughby Society. Versión escaneada
- ↑ Mazzarello, Paolo (2004). Costantinopoli 1786: la congiura e la beffa. L'intrigo Spallanzani. Torino: Bollati Boringhieri. ISBN 88-339-1573-5.
- ↑ Soban, Branko (xaneiro de 2005). "A Living Bond between Idrija and Uppsala". Slovenija.svet. Slovene Emigrant Association. Consultado o 2007-12-01.
- ↑ Scopoli, Giovanni Antonio (2004). Soban, Darinka, ed. Joannes A. Scopoli-Carl Linnaeus. Dopisovanje/Correspondence 1760–1775. Ljubljana: Slovenian Natural history society. ISBN 961-90751-2-9.
- ↑ Tabl. Encycl. t. 860 1798 sphalm. (IK)
- ↑ Fam. Pl. (Adanson) 2: 419 1763 (IK)
- ↑ Char. Gen. Pl. ed. 2. 139 1776 (IK)
- ↑ Pl. Icon. Ined. 2: 34 1790 (GCI)
- ↑ Obs. i. 32. t. 20 (1764) (Scopola).; Link, Enum. Hort. Berol. i 178 1821 (IK)
- ↑ Suppl. Pl. 60 1782 (IK)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Giovanni Antonio Scopoli |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Giovanni Antonio Scopoli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Maironi Daponte, G. (1811): Elogio storico del Signor Gio. Ant. Scopoli. Bergamo: Sonzogni.
- Petkovšek, V. (1977): "J. A. Scopoli, njegovo življenje in delo v slovenskem prostoru. / J. A. Scopoli, sein Leben und Werk im slowenischen Raum". Razprav. 20 (2). Ljubljana.
- Fabi, A. (1990): Giovanni Scopoli e Maurizio Bufalini. Boloña
- Daxecker, Franz (2006): Johann Anton Scopoli: Arzt und Naturforscher, Klin Mbl Augenheilk 223, pp. 176–177.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Científicos de Austria
- Científicos de Italia
- Botánicos de Italia
- Botánicos de Austria
- Médicos de Italia
- Médicos de Austria
- Personalidades da química
- Zoólogos de Austria
- Zoólogos de Italia
- Xeólogos de Italia
- Xeólogos de Austria
- Escritores en lingua latina
- Escritores en lingua alemá
- Escritores en lingua italiana
- Alumnos da Universidade de Innsbruck
- Nados en 1723
- Nados na provincia de Trento
- Finados en 1788