Saltar ao contido

Ibis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ibis
 Nome taxon
    Threskiornithinae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePelecaniformes
FamiliaThreskiornithidae
SubfamiliaThreskiornithinae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01943w Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780698032 Editar o valor en Wikidata
ITIS823973 Editar o valor en Wikidata
CoLKFC Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Plagadis falcinellus en voo, ave que pode verse ás veces en Galicia.
Cabeza de ibis escarlata (Eudocimus ruber) adulto.

Os ibis[1] son as aves da subfamilia dos tresquiornitinos (Threskiornithinae). Son aves pelecaniformes[2][3] de pescozo longo e peteiro curvado para abaixo, que habita en zonas húmidas, bosques e chairas.[4] Aliméntanse en grupo sondando o barro co peteiro para obter a comida, normalmente crustáceos. A maioría fai o seu niño nas árbores, a miúdo rodeado de garzas e cullereiros. Son monógamos e moi territoriais cando están aniñando e alimentándose.[4] Todas as especies viventes son voadoras, pero hai dous xéneros extinguidos non voadores, que son o Apteribis de Hawai, que lembra a un kiwi, e o peculiar Xenicibis de Xamaica.[4] O nome ibis vén do latín ibis[5] e este do grego ἶβις (ibis), e este á súa vez do exipcio hb, hīb.[6]

Os tresquiornitinos mazarico negro ou mouro (Plegadis falcinellus) e ibis eremita (Geronticus eremita) están incluídos na Lista de aves de Galicia.

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]

A subfamilia Threskiornithinae comprende 28 especie distribuídas en 12 xéneros:[2]

Outra especie extinta, clasificada no seu propio xénero, é o ibis xamaicano Xenicibis xympithecus, que se caracteriza polo trazo único de ter ás con forma de maza.

Na cultura

[editar | editar a fonte]

Segundo o folclore, o ibis é o último animal que se refuxia antes dun furacán, e o primeiro en reaparecer despois do paso da tormenta.

O ibis sagrado Threskiornis aethiopicus era venerado na relixión do antigo Exipto, e estaba asociado ao deus Djehuty, denominado en grego Thoth. Estaba relacionado coa escritura, matemáticas, medidas e o tempo e tamén coa lúa e a maxia.[7] Nas obras de arte do Período tardío do Antigo Exipto, Thoth representábase popularmente como un home con cabeza de ibis que está escribindo.[7]

Na cidade de Hermopolis, o ibis criábase especificamente para utilizalo despois nos sacrificios, e no serapeum en Saqqara, os arqueólogos atoparon momias dun millón e medio de ibis e de centos de miles de falcóns.[8]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ibis.
  2. 1 2 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  3. ↑ Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xaneiro de 2011.
  4. 1 2 3 Longrich, N. R.; Olson, S. L. (5 de xaneiro de 2011). "The bizarre wing of the Jamaican flightless ibis Xenicibis xympithecus: a unique vertebrate adaptation". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 278 (1716): 2333–2337. doi:10.1098/rspb.2010.2117. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2015.
  5. ↑ "ibis". Chambers Dictionary.
  6. ↑ R. S. P. Beekes, Etymological Dictionary of Greek, Brill, 2009, p. 575.
  7. 1 2 Birmingham Museum of Art (2010). Birmingham Museum of Art : guide to the collection. [Birmingham, Ala]: Birmingham Museum of Art. p. 65. ISBN 978-1-904832-77-5.
  8. ↑ Fleming, Furgus; Alan Lothian; Duncan Baird Publishers. The Way to Eternity: Egyptian Myth. Amsterdam: Time-Life Books. 1997. pp. 66-67

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazónsexternas

[editar | editar a fonte]