Cruz maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cruz de Muiredach en Monasterboice, no Condado de Louth, en Irlanda
A cruz das Escrituras, en Clonmacnoise, Irlanda

Unha cruz maior (en inglés high cross) é unha cruz monumental labrada en pedra, e que adoita ter forma de cruz celta (cun anel central) e que adoita estar profusamente decorada. Son os principais monumentos que subsisten da chanada Arte insular. Existen dende o século VII en Irlanda, e algo máis tarde en Escocia e no resto da Gran Bretaña, especialmente en Northumbria. Atopamos algúns exemplares na Europa continental, arte levada por freires irlandeses. Os cruceiros son a versión galego-portuguesa e bretoa destas cruces monumentais atlánticas. As cruces irlandesas posúen a forma de cruz celta e son, polo xeral, máis grandes, vastas e teñen máis representacións ou ornamentos ca as outras. A maioría de cruces da Gran Bretaña foron destruídas ou danadas polos iconoclastas despois da Reforma inglesa.

Orixinariamente, o anel servía para dar rixidez á testa e aos brazos da cruz, despois tornouse en elemento decorativo. As cruces maiores son símbolos de prestixio, ben sexa para un mosteiro, ben para un mecenas ou un patrón.

As cruces de comezos do século VIII só tiñan motivos xeométricos (nó celta), mais a partir do século IX e X escúlpense escenas bíblicas nas cruces. As derradeiras cruces maiores lábranse no século XII.

Entre as cruces maiores máis coñecidas, pódense citar:

Período moderno[editar | editar a fonte]

Cruz semllante as cruces maiores irlandesas do novo viacrucis do Monte Santa Trega, na Guarda, Galicia.

A partir do século XIX, numerosas versión, grandes e modernas, destas cruces foron erixidas por diversas razóns, e pequenas cruces celtas, con deseños abstractos, a miúdo entrelazados, acostuman aparecer en tumbas de particulares, incluso en Galiza.

En Galiza atopamos as cruces do novo viacrucis do Monte Santa Trega, labradas no século XX, na Guarda, de feitura semellante a cruces maiores irlandesas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]