CowParade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Cow Parade é unha exhibición internacional de arte pública que foi mostrada en grandes cidades arredor do mundo. O concepto é simple: artistas locais decoran esculturas de fibra de vidro con forma de vacas; logo as esculturas son distribuídas polo centro da cidade, en lugares públicos como estacións de metro, avenidas importantes e parques.

As esculturas adoitan mostrar deseños que rememoran a cultura local, así coma a vida na localidade, e outros temas de importancia local ou nacional. Despois da exhibición das esculturas na cidade (por varios meses), realízase unha poxa, doándose as ganancias a organizacións sen fins de lucro.

Existen poucas variacións na forma, pero as tres máis comúns de vacas foron creadas polo escultor suízo Pascal Knapp, quen foi contratado especificamente para crear as vacas dos eventos da CowParade.

O concepto de Cow Parade foi creado en Zúric, Suíza, en 1998, polo director artístico Walter Knapp. A exhibición gañou renome internacional cando o empresario Peter Hanig organizou o evento en Chicago en 1999.

Cabe salientar que en Galicia a cidade de Vigo acolleu esta exposición nas súas rúas durante varios meses no ano 2007, converténdose así na segunda cidade española que a exhibía tras facelo previamente Barcelona.

Cidades Cow Parade[editar | editar a fonte]

Vaca Millonaria da CowParade da Cidade de México.

América

Europa

Oceanía

Asia

África

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: CowParade