Conversa usuario:Pablo Usuario

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Pablo Usuario!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 7 de novembro de 2019 ás 17:33 (UTC)[responder]

Antonio Vivaldi[editar a fonte]

Boas Pablo, desfixen as túas achegas no artigo de Vivaldi porque había moitos erros ortográficos e de sintaxe, usaches un tradutor ortográfico para facelo? A maiores, todas as referencias do artigo orixinal desapareceron, e iso non pode facerse porque os artigos deben estar baseados en fontes nas que se poidan verificar os datos. Outra cousa, se fas traducións de artigos doutras wikipedias, tes que indicalo dalgún xeito, na páxina de conversa ou no resumo de edición para cumprir a licenza.

Na Galipedia non procuramos a cantidade, procuramos que os artigos teñan calidade, e una mala ortografía non o é. Antes de seguir modificando os artigos penso que sería mellor que aumentaras os teus coñecementos de galego e que utilizaras ferramentas de axuda e de corrección de erros. Outra cousa, o termo "mai" é correcto, non o volvas cambiar, podes consultalo no dicionario da RAG.

Se tes dúbidas con calquera cousa ou precisas axuda na wiki, podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2019 ás 17:28 (UTC)[responder]

Votacións[editar a fonte]

Boas Pablo, non cumpres os requisitos para participar nas votacións. Podes ver as condicións en Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar? que son moi doadas de conseguir, tan só hai que acadar certo número de edicións na Galipedia. Ánimo e a seguir colaborando! Saúdos. --Dodro (conversa) 29 de xuño de 2020 ás 12:36 (UTC)[responder]

Si, Pablo, non te preocupes que logo se arranxa. Pronto poderás votar! --Dodro (conversa) 29 de xuño de 2020 ás 12:43 (UTC)[responder]
Ola. Pois non, debemos deixalo así para que quede constancia de como se desenvolveu a votación. Non é máis que iso. --Dodro (conversa) 29 de xuño de 2020 ás 14:44 (UTC)[responder]
Canto ó número de edicións cumpres o criterio, mais pensa que antes de votar debes ler con calma cada un dos artigos para ter unha opinión máis rigorosa e fundamentada. Polo demais es un membro máis da comunidade. Un saúdo. --Dodro (conversa) 24 de xullo de 2020 ás 10:49 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Xa está pechada a votación Pablo; como podes ver en Peticións de aprobación#Chairebot. --Dodro (conversa) 24 de xullo de 2020 ás 12:41 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Pablo Usuario. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de xullo de 2020 ás 08:59 (UTC)[responder]

Edicións con erros[editar a fonte]

Ola, Pablo Usuario. Estás incluíndo erros onde non os había, tanto a nivel léxico como gramatical. Por favor, edita con coidado e non estrages os contidos nin as escollas previas (por exemplo, "dende" ou "atopar"). --Atobar (conversa comigo) 13 de xullo de 2020 ás 16:00 (UTC)[responder]

Listo. Dálle ti agora o que poidas. E á hora de inserires novos contidos, mira de que non estean repetidos, que cumpran co formato previo e que non colidan co que xa hai. Calquera dúbida, por aquí estamos. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 13 de xullo de 2020 ás 18:13 (UTC)[responder]
Proba a facelo ti (se non dás, aviámolo despois calquera dos editores que esteamos atentos). Trata tan só de non solapar contidos, de respectar o que hai e de adaptar as túas achegas, non de chantalas á toa. Xa digo, logo os problemas de lingua e de formato, podémolos solucionar os demais, pero esa primeira vertedura respectuoso cos contidos previos é ben que a fagas ti para ir practicando. --Atobar (conversa comigo) 13 de xullo de 2020 ás 18:31 (UTC)[responder]
Ola, Pablo. Penso que o fixeches ben. Xa lle retirei o marcador de falta de referencias que tiña. Acerca dos contidos, non che podo dicir gran cousa, pois nin moito menos domino o tema. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 13 de xullo de 2020 ás 19:14 (UTC)[responder]
Ola, Pablo. O apartado Play Música redactáchelo ben. Se non o fixeches xa, lembra activar nas túas opcións como usuario rexistrado, en Preferencias/Trebellos, o cadro "Ortografía", un revisor ortográfico que con certeza che será moi útil. Polo demais, no sucesivo dálle para adiante a este e aos demais artigos que edites e unha vez conclúas será cando o resto de editores vaiamos botarlle unha revisión xeral á lingua e tamén aos demais aspectos de formato. De calquera maneira, xa digo que se notas as melloras con respecto ás túas primeiras edicións. É máis fácil facelo dese modo que ir epígrafe a epígrafe. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16 de xullo de 2020 ás 10:48 (UTC)[responder]

Lingua de escrita[editar a fonte]

Ola, Pablo. Unha curiosidade: ti es galego? Chámame a atención que teñas tantos problemas coa lingua, mesmo con verbos compostos e palabras básicas exclusivas do castelán. O meu consello é que antes de seguires editando (e para evitar sobrecargarnos de traballo aos demais editores) procures mellorar un pouco o teu nivel de lingua: por exemplo, con cursos en liña, coa revisión continuada das conxugación, medainte o uso habitual dos dicionarios, o emprego do galego na túa vida diaria etc. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de xullo de 2020 ás 11:57 (UTC)[responder]

Ola, Pablo. Boteille unha ollada xeral e modifiquei algunha cousa, pero non che podo axudar moito máis porque non sei nada do tema; a revisión, para ben ser, debe facela alguén que domine ese campo en concreto, no que eu son un ignorante. Por iso non retirei os marcadores, á espera de que alguén máis lle meta man e confirme que os contidos teñen sentido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22 de xullo de 2020 ás 15:27 (UTC)[responder]