Conversa usuario:Ledoira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Ledoira!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 29 de marzo de 2020 ás 19:12 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Ledoira. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 29 de marzo de 2020 ás 19:12 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Ola Ledoira. Hai cousas que os tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión da última páxina que iniciaches, achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.

Graciñas, un saúdo e a seguir. Banjo tell me 30 de marzo de 2020 ás 19:01 (UTC)[responder]

Por favor, non borres contidos ou modelos das páxinas da Wikipedia sen dar un motivo fundamentado para a devandita eliminación no resumo de edición. Semella que a edición que fixeches non foi construtiva e alguén a reverteu. Por favor, usa a zona de probas se o que queres é experimentar con edicións de proba. Grazas. Banjo tell me 30 de marzo de 2020 ás 19:16 (UTC)[responder]

Boas Ledoira, nas wikipedias só se poden engadir contidos que non teñan dereitos de autor, isto afecta tamén ás imaxes, non poden subirse imaxes con copyright. Pero non te preocupes, ese é un erro común que nos pasou a todos ó comezar neste proxecto, para ter máis información sobre o uso das imaxes na Galipedia podes consultar Wikipedia:Política de uso de imaxes, e se tes calquera dúbida podes deixala nesta mesma páxina e tentarei axudarche no que poida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2020 ás 07:28 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. --. HombreDHojalata.conversa 14 de maio de 2020 ás 20:20 (UTC)[responder]

Ola, Lodaira; por favor, evita o uso de tradutores automáticos, e non retires os avisos dos artigos con problemas até que estes estean resoltos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de agosto de 2020 ás 16:59 (UTC)[responder]

licenzas compatibles[editar a fonte]

Ola, Ledoira; por favor, lembra que non podes subir á Wikipedia material con copyright. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 14 de maio de 2020 ás 21:15 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Ledoira. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 15 de agosto de 2020 ás 10:23 (UTC)[responder]

Novo aviso sobre traducións automáticas[editar a fonte]

Ola Ledoira, como xa se che indicou os artigos que traduciches non están ben porque non siguen o libro de estilo da Galipedia. Se estas a usar a ferramenta de tradución automática (que , só é unha ferramenta e ten as súas eivas) tes que saber que o contido que publicas a través deste medio debe cumprir coas políticas da Galipedia e o libro de estilo. Na mensaxe de benvida desta páxina de conversa tes ligazóns a elas e a diversas axudas para os primeiros pasos na Galipedia. Actualmente tes catro artigos pendentes de que fagas estas adaptacións, neles poderás ver cales son os erros a corrixir nas caixiñas de avisos. Dispós de algo menos dun mes, dependendo da data en que foron creados, para solucionar estes problemas, do contrario serán borrados. Se tes dúbidas podes consultar a outras persoas que aquí editan ou na Taberna (Axuda). Un saúdo.Maria zaos (conversa) 17 de agosto de 2020 ás 18:58 (UTC)[responder]

Ola de novo, avísote que o artigo que traduciches o día 19 de agosto Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de América de 2020 está marcado para borrado polas eivas na tradución. Por favor, novamente, abstente de traducir novos artigos mentres non soluciones as eivas nos anteriores. Se tes algunha dúbida sobre o formato das referencias ou o libro de estilo non dubides en consultar. Grazas.Maria zaos (conversa) 21 de agosto de 2020 ás 22:49 (UTC)[responder]

Ola, Ledoira!

Retirei a sección de lugares do artigo Ledoira, Frades porque xa aparecen no Modelo:Lp Ledoira. Este modelo inclúe os lugares e a ortografía que aparece no Nomenclátor de Galicia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de setembro de 2020 ás 19:48 (UTC)[responder]

Procedencia dos contidos[editar a fonte]

Ola Ledoira.

Poderías indicar, por favor, de onde proceden os contidos que engades?, por exemplo isto?

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de outubro de 2020 ás 20:08 (UTC)[responder]

Insisto. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2020 ás 23:30 (UTC)[responder]

Edicións no artigo "París"[editar a fonte]

Boas Ledoira, vin que editaches neste artigo e que engadiches novas seccións. Dúas, "Xeografía física" e a subsección desta "Clima", xa existían polo que ocultei o texto teu (faise poñendo <!-- ao comezo do texto que queres ocultar e --> ao remate). Anímote a que repases a túa aportación e, se hai información nova, a engadas ás seccións xa existentes ou viceversa. Moitas grazas polo teu traballo e a seguir, un saúdo Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de febreiro de 2021 ás 22:02 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Ledoira.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 21 de febreiro de 2021 ás 13:27 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Ledoira. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 14 de xullo de 2021 ás 07:23 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Ledoira. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 14 de xullo de 2021 ás 07:23 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Ledoira.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 14 de xullo de 2021 ás 07:24 (UTC)[responder]

Nomes máis frecuentes[editar a fonte]

Boas Ledoira, agradezo moito o teu traballo na Galipedia, porén tiven que eliminar a sección de "Nomes máis frecuentes" que engadiches no artigo de Frades xa que non me parece que sexa un contido que teña relevancia enciclopédica abondo para estar nesa páxina. Penso que eses son datos estatísticos con moi pouco valor para estar no artigo, pero se non concordas comigo podes comentalo na páxina de conversa dese artigo e indicar a súa relevancia para que outros usuarios poidan ver o problema e comenten tamén o que lles parece. Grazas de novo polos teus esforzos e se precisas axuda con algunha cousa podes contactar comigo na páxina de conversa da miña páxina de usuario. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 08:27 (UTC)[responder]