Conversa usuario:Jockerouac
Dámosche a benvida á Galipedia, Jockerouac!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]()
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 9 de xaneiro de 2021 ás 17:23 (UTC)
Axudas ortográficas[editar a fonte]
Ola Jockerouac. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación →
Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 9 de xaneiro de 2021 ás 23:43 (UTC)
Prevalencia[editar a fonte]
Ola Jockerouac. Creaches o artigo prevalenza, que eu entendo que en galego debería ser prevalencia. Fixen un par de pescudas e, se ben non atopei nin prevalencia nin prevalenza, atopei valencia. Miraches prevalenza nalgunha fonte que poida decidirnos por esa forma? Moitas grazas. Para todas as dúbidas que teñas, estou aquí para axudar. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de xaneiro de 2021 ás 19:07 (UTC)
- Tes razón, fixen a adaptación seguindo o portugués, pero quizais sería mellor redirixilo a prevalencia.--Jockerouac (conversa) 12 de xaneiro de 2021 ás 19:12 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]
Ola Jockerouac.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- →
- Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2021 ás 08:39 (UTC)