Saltar ao contido

Franco Cervi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFranco Cervi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
San Lorenzo Editar o valor en Wikidata
Altura167 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade9 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo22 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2015 Club Atlético Rosario Central
2015–2021 Sport Lisboa e Benfica
2021–   Celta de Vigo

UEFA: 250101112 Editar o valor en Wikidata

Franco Cervi, nado en San Lorenzo (Provincia de Santa Fe, Arxentina) o 26 de maio de 1994, é un futbolista arxentino que xoga como centrocampista no Real Club Celta de Vigo da Primeira división española de fútbol. O seu primeiro club foi Rosario Central. Posteriormente fichou polo Benfica portugués, que finalmente o traspasou ao conxunto celeste.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rosario Central

[editar | editar a fonte]

Debutou na Primeira División da Arxentina o 9 de novembro de 2014, nun encontro de liga fronte a Estudantes da Prata ingresando aos 79' en substitución do xogador Hernán Aciñeira, partido que finalizou 1-0 en contra do seu equipo. Posteriormente, xogou dous partidos máis: o primeiro contra Racing Club de titular, no cal Rosario Central foi derrotado por tres tantos contra ningún,​ e o segundo xogouno contra Club Atlético Banfield de titular, nun partido no que Rosario Central venceu por tres goles contra dous. Debido ás súas grandes actuacións e a chegada ao club de Eduardo Coudet atopou continuidade no equipo e sendo unha das pezas chave.

O 17 de marzo de 2016 meteu o seu primeiro gol internacional coa camiseta do canalla na vitoria 3 a 1 contra River Plate de Montevideo pola Copa Liberadores.

O 14 de setembro de 2015 asinou contrato co Sport Lisboa e Benfica de Portugal por 5,290 millóns de dólares polo 90% do pase para xogar a partir de xuño de 2016.

No seu debut oficial, converteu na vitoria por 3 a 0 fronte ao Sporting Braga pola Supercopa de Portugal.

O 13 de setembro de 2016 debutou na liga de Campións da UEFA, anotando un gol de rebote causado polo seu compatriota Eduardo Salvio.

Após de cinco anos na entidade lisboeta, o 5 de xullo de 2021 foi traspasado ao R. C. Celta de Vigo.[1]

O 12 de setembro marcou o seu primeiro gol co conxunto vigués na estrea do novo Santiago Bernabéu, onde se deron cita o Real Madrid e o Real Club Celta de Vigo no partido correspondente á xornada 4 da Liga.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Supercopa de Portugal S. L. Benfica Portugal Portugal 2016
Primeira Liga 2017
Copa de Portugal 2017
Supercopa de Portugal 2017
Primeira Liga 2019
  1. ↑ "Franco Cervi se convierte en la primera incorporación del Celta de Vigo.". rccelta.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2024.