Saltar ao contido

Fran López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco López Fernández
Fran López nun partido disputado na tempada 2022-2023 fronte ao Rápido de Bouzas na Terceira División de España.
Información persoal
Nacemento 24 de xaneiro de 2002
Lugar de nacemento A Coruña
editar datos en Wikidata ]

Francisco López Fernández, nado en Ferrol o 24 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogador vinculado ao Celta de Vigo, participou das distintas categorías do equipoː foi dianteiro no Real Club Celta de Vigo C-Gran Peña na Terceira División RFEF,[1][2] co que fixo 27 goles en 49 encontros;[3] tamén disputou 10 partidos co equipo B, o Celta Fortuna, na Primeira Federación; e mesmo debutou co primeiro equipo do RC Celta nun amigable fronte ao Al Shabab Club no trofeo Memorial Quinocho de 2022.[4]

Ao comezo da tempada 2023/24 foi cedido á SD Compostela, na Segunda Federación, pero apenas xogou no trimestre debido ás lesiónsː 25 minutos en dous partidos.[3]

Club País Ano
Real Club Celta de Vigo B Galicia Galicia 2020-2022
Real Club Celta de Vigo Galicia Galicia 2022-2023
SD Compostela (cedido) Galicia Galicia 2023-2024
  1. "Fran Lopez". Transfermarkt. Consultado o 6 de setembro de 2022. 
  2. "Official staff of the RC Celta 2022/23". Official staff of the RC Celta 2022/23. Consultado o 6 de setemrbo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Álvarez, Valentín (2024-01-16). "Fran López pone fin a su cesión en el Compostela". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-01-17. 
  4. "Fran López, exultante con su debut al lado de Aspas.". El Desmarque. Consultado o 6 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]