Cytophaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cytophaga
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Bacteroidetes
Clase: Bacteroidia
Orde: Bacteroidales
Familia: Bacteroidaceae
Xénero: Cytophaga
Especies

C. columnaris
C. hutchinsonii
C. johnsonae
C. psychrophila

Cytophaga é un xénero de bacterias gramnegativas con forma de bacilo aerobias estritias ou facultativas.

As Cytophaga son bacterias comúns no solo, asugas doces e mariñas, augas residuais, materia orgánica en descomposición, e excrementos. Poden degradar unha grande cantidade de compostos orgánicos, como proteínas, polisacáridos, celulosa, quitina, amidón entre outros, e son un grupo bacteriano importante para a descomposición aerobia da materia orgánica. Poden cutivarse en ágar con celulosa, onde forma halos claros. As citofagas non producen encimas solubles, polo que deben estar ben ancoradas nas fibras de celulosa para poder degadalas.[1] Nas plantas de tratamento de augas forman unha grande parte da poboación bacteriana. Certas especies de Cytophaga poden danar os materiais utilizados para a pesca e as estruturas de madeira.

Son bacterias desprovistas de flaxelos, pero poden moverse por escorregamento. Cando entran en contacto cunha superficie, poden desprazarse escorregando sobre ela, e deixando detrás delas un trazo viscoso. Este modo de desprazamento permítelles un movemento rápido de ata 150μm por minuto. Poden escorregar sobre substratos insolubles macromoleculares como a celulosa e dixerilos activamente.

Certas especies do xénero Cytophaga son patóxenas, como é o caso de C. columnaris e C. psychrophila, que causa doenzas nos peixes, que poden ser un grande problema en piscifactorías, onde os peixes sofren danos nos tecidos e arredor das branquias, e as cepas illadas son proteolíticas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock - Biología de los Microorganismos. 10ª edición. Pearson-Prentice Hall. Páxina 428. ISBN 84-205-3679-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Whitman, W.B.; Hedlund, B.P.; Paster, B.J.; Staley, J.T.; Ward, N.; Brown, D.; Parte, A.: Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. Volume 4: The Bacteroidetes, Spirochaetes, Tenericutes (Mollicutes), Acidobacteria, Fibrobacteres, Fusobacteria, Dictyoglomi, Gemmatimonadetes, Lentisphaerae, Verrucomicrobia, Chlamydiae, and Planctomycetes. Springer, 2010, ISBN 978-0-387-68572-4, S. 371–423.