Conversa usuario:Andbar02

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido á Galipedia, Andbar02!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 10:31 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Andbar02.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 10:44 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Andbar02. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 09:28 (UTC)

Marcadores nos artigos[editar a fonte]

Ola Andbar02. Aos dous artigos que nomeas fóronlles engadidos varios marcadores para a súa revisión. Ditos marcadores atópanse ao comezo do artigo e pódense retirar unha vez os problemas que sinalan estean solventados. Non precisas de autorización doutros usuarios para facelo, pero antes asegúrate de que non xa non presentan ditas eivas. Por exemplo: no artigo Misión Krulak-Mendenhall podes retirar o modelo formato de referencias, pois estas xa non teñen erros, pero non o de illado (segue sendo un artigo orfo) ou o de sen imaxe. O mesmo pasa con Relacións entre España e o Xapón, semella que as referencias xa teñen un formato correcto, pero aínda precisa revisión lingüística. Un apuntamento: olla para o uso do artigo que fai a RAG diante do nome do Xapón na entrada xaponés. Exemplos: Persoa natural ou habitante do Xapón ou lingua falada no Xapón. Se tes máis preguntas non dubides en contactar de novo comigo. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 11 de setembro de 2018 ás 10:59 (UTC)

Ola, Andbar02. Vexo que xa cho comentaron, pero reitérocho: non podes quitar marcadores sen solucionar antes os problemas. Por exemplo, en Misión Krulak-Mendenhall. --Atobar (conversa comigo) 11 de setembro de 2018 ás 16:38 (UTC)
Ola de novo. Quen che deixou a mensaxe desta vez foi Chairego apc, non eu. En calquera caso, para axudarte estamos todos. Eses artigos non ligan con ningún outro, e polo tanto dicimos que están illados, de aí o marcador de illado. Para solucionalo, o artigo debe aparecer mencionado no corpo do texto doutra entrada, cunha ligazón interna que ligue cara a el. Despois está o tema do formato. Existe certa flexibilidade a ese respecto, pero todos deben seguir as mesmas pautas: introdución, despois unha cabeceira (Traxectoria para personalidades; ou para outros casos "Historia" ou "Historia e características" ou "Trama" se son libros), dentro desa, as subcabeceiras; e logo, ao final, "Véxase tamén" e en segunda liña "Ligazóns externas", "Outros artigos" etc. Todo isto telo moito mellor explicado e máis completo nos distintos apéndices da guía de edición. Tamén ten en conta que cando son traducións dende outras wikipedias, cómpre indicalo ben no resumo de edición ou ben na páxina de conversa cun marcador específico para iso, e non na primeira liña como estás a facer. O meu consello é que leas a fondo a guía e para cuestións concretos que non deas atopado preguntes. Por outra banda, non te esquezas de asinar nas páxinas de conversa cando te dirixas a outros usuarios. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 11 de setembro de 2018 ás 16:55 (UTC)
Ola, Andbar02. Vólvoche dicir o mesmo: antes de retirares os marcadores, resolve os erros. Por exemplo, Misión Krulak-Mendenhall‎ está redactado cun nivel pésimo de lingua, e segue sen ter o formato debido. --Atobar (conversa comigo) 14 de setembro de 2018 ás 16:01 (UTC)
Proba a ler a fondo Wikipedia:Guía/Formato. Estás, por exemplo, a crear o apéndice Introdución obviando a cabeceira, non segues as subcabeceiras dentro do apartado Véxase tamén, tampouco non segues os criterios xerais para distribuír a información nesa clase de artigos. En fin, debes adaptalo aos criterios que establece a guía, que son os consensuados pola comunidade. Teño para min que que estás poñendo o carro antes ca os bois. Penso que deberías centrar nun ou dous artigos básicos e ir mellorando aos poucos. Agora mesmo non tes o dominio abondo para te meteres con artigos tan complexos. E debes tamén poñer máis coidado coa lingua, que está chea de erros. --Atobar (conversa comigo) 14 de setembro de 2018 ás 16:10 (UTC)

Eliminación de edición[editar a fonte]

Boas Andbar02, eliminei a ligazón co teu artigo porque deberíase falar das relacións internacionais do Xapón en xeral (como xa queda recollido no artigo citando as organizacións internacionais ás que pertence) e non as dun país en concreto, sexa España ou calquera outro país. É dicir, o feito de que España e o Xapón teñan relacións entre eles non é relevante abondo como para que apareza no corpo deste artigo porque de seguir ese criterio deberíamos engadir as que ten cos Estados Unidos, co Reino Unido, etc... e non remataríamos xamais. Perdoa por non terche dado explicacións pola reversión de edición. Se cadra podes procurar ligalo con outro artigo, se cadra traducindo este ó galego: Foreign relations of Japan, onde como podes comprobar están recollidas tódalas relacións que ten o Xapón no mundo. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 13 de setembro de 2018 ás 11:07 (UTC)

Tamén o podes traducir do castelán se o prefires Relaciones exteriores de Japón ou do portugués Relações internacionais do Japão. Igual che son máis doados de traducir pero ten en conta que a versión en castelán ten un marcador de tradución defectuosa.--Breogan2008 (conversa) 13 de setembro de 2018 ás 11:45 (UTC)