Wikipedia:Guía/Formato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

A escritura nos artigos da Wikipedia, premendo na lapela "editar a fonte", é lixeiramente diferente á que se fai nun procesador de texto estándar. No canto dun estrito WYSIWYG ("What You See Is What You Get", ou sexa, "o que ves é o que obtés"), a Wikipedia usa códigos de texto para crear os elementos particulares da páxina (as cabeceiras, por exemplo). Esta "linguaxe" coñécese como formato wiki e está deseñada para unha sinxela edición.

Se editamos un artigo dende a lapela "editar", úsase o Editor visual no que xa non se precisa inserir estes códigos.

Grosa e cursiva

As etiquetas máis usadas son as que permiten poñer o texto en grosa e cursiva. Isto conséguese poñendo apóstrofos (') a un e outro lado do texto en cuestión:

Escribes Obtense
''cursiva'' cursiva

'''grosa'''

grosa

'''''grosa e cursiva'''''

grosa e cursiva

Na Wikipedia, os nomes do tema do artigo escríbense en grosa a primeira vez que se mencionan no libro. Por exemplo, o artigo Manuel Rivas comeza así:

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

A cursiva úsase para os títulos de libros, películas, álbums e videoxogos. Se algún elemento dos citados antes é o principal do que trata o artigo, a primeira vez que apareza nel estará en grosa e cursiva.

Para obter máis información sobre cando usar a grosa e mais a cursiva, olla Wikipedia:Libro de estilo.

Cabeceiras e subcabeceiras

As cabeceiras e subcabeceiras son un xeito doado de mellorar a organización dun artigo. Se ves que o artigo trata dous temas distintos, podes separalos inserindo unha cabeceira para cada sección.

As cabeceiras fanse desta maneira:

Escribes Obtense

== Cabeceira ==

Cabeceira

=== Subcabeceira ===

Subcabeceira

Se un artigo ten, polo menos, catro cabeceiras, xerarase automaticamente unha táboa de contidos. Intenta crear unha cabeceira na zona de probas.

Subíndice e superíndice

Para formatear texto subíndice hai que escribir unha etiqueta de apertura <sub> antes do texto e outra de peche </sub> despois do texto. As etiquetas de superíndice son <sup> and </sup>. Exemplo:

O código H<sub>2</sub>SO<sub>4</sub> &rarr; 2 H<sup>+</sup> + SO<sub>4</sub><sup>2&minus;</sup>

visualízase como: H2SO4 → 2 H+ + SO42−

HTML

O código HTML pódese usar nas páxinas para producir un formato máis avanzado como cores, táboas e outra disposición. Porén, non necesitas coñecer o HTML para usar a Wikipedia e seguir as convencións de formato.

Barra de ferramentas

O editor da Wikipedia ten dúas barras de ferramentas con botóns que poden axudar a usar as etiquetas wiki.

Barra de ferramentas: seleccións principais
Icona Función O que se vé ao editar Resultado na páxina
Barra de ferramentas
Texto en grosa Texto en grosa '''Texto en grosa''' Texto en grosa
Texto en cursiva Texto en cursiva ''Texto en cursiva'' Texto en cursiva
Sinatura Sinatura con data e hora --~~~~ Nome de usuario (conversa) 03:36, 19 marzo 2024 (UTC)
Ligazón interna Ligazón interna [[Título do artigo]] Título do artigo
Inserir unha imaxe Inserir unha imaxe [[Ficheiro:Exemplo.jpg|miniatura]]
Nota ao pé. <ref>Texto da nota ao pé.</ref> [1]
Notas
  1. Texto da nota ao pé
Véxase tamén
Bibliografía
Inserir un modelo Inserir un modelo {{Biografía}}
Biografía
[ editar datos en Wikidata ]
Olla como editar unha páxina ou a referencia rápida para saber máis sobre a edición de páxinas.
Proba o que aprendiches na zona de probas

Continúa a guía coas ligazóns internas