Conversa:Lingua galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Institucións relacionadas[editar a fonte]

Baixo o epígfrafe "Institucións relacionadas" aparecen ligazóns a asociacións que non teñen caracter oficial, excepto o ILG. Un saúdo--Adalbertofrenesi(talk) 17:04, 1 Abr 2005 (UTC)

  • Semella que foron engadidas con posterioridade, vounas meter en ligazóns, no futuro haberá que poñer máis ligazóns (as que hai están relacionas co reintegracionismo)--Rocastelo 17:11, 1 Abr 2005 (UTC)

Número de falantes de galego[editar a fonte]

querría preguntar, se, cando se fala internacionalmente, de número de falantes de galego, que normalmente dise pra mira-la importancia dunha lingua ou o seu peso, eu coido que deberíase de incluir co portugués, ou cando menos facer mención expresa diso. Pois cando se di que o galego soamente e falado por unhas 3-4mill d persoas, semella unha lingua pequena, sen saída...pero logo pérmiteche falar cun espectro de xente amplo xeográficamente hablando, e duns 170mill!!! de falantes.... ...coido que é moi moi relevante esta puntualización. Inda que na miña modesta opinión, internacionalmente, deberíasenos de contar coma "pais lusófono", e por coherencia, se xa dende moito tempo atrás, na UE se recoñece o que falamos alá coma "portugués".

Aqui enriba xa vedes que hai varias persoas que defenden claramente iso... eu a tanto non quero chegar na miña observación, simplemente salienta-lo anterior, a internacionalidade do noso idioma.

Por algo se presentou iso do "patrimonio inmaterial galego-portugués", que defende dende a língua ata os costumes.

eu coido que temos pra nos que facer moitos análises...

Cando teña un pouquiño de tempo porei o meu... --Luimipi 01:36, 1 xuño 2006 (UTC)

Homónimos[editar a fonte]

Non me parece que sexa correcto decir na páxina de homónimos que galego é Algo ou alguén do Norte de Portugal que, anteriormente, en conxunto con Galicia, fixo parte da provincia romana de Gallaecia e tamén do Reino Suevo, porque o término galego non se usa para eso. Paréceme conveniente retirar esa entrada. --O Tin 15:42, 6 xuño 2006 (UTC)

  1. Subscribo o dito por O Tin.
  2. Como dicía hai máis dun ano, tanto o AGAL como a MNL non son institucións oficiais, e polo tanto basta con que estean nas ligazóns externas. --Adalbertofrenesi 16:51, 12 xuño 2006 (UTC)
  • Vou retirar o do norte de Portugal, mentres non haxa referencias de que ese uso é correcto, aínda si que é certo que no século XIX os lisboetas chamaban galegos os portugueses do norte, aínda que descoñezo se ese uso é real na actualidade ou se foi algo ocasional.--Rocastelo(fálame aquí) 16:59, 12 xuño 2006 (UTC)

Norte de Portugal sim![editar a fonte]

Está perfeitamente correcto dizer que também é norte de Portugal, pois todos sabem que foi lá também que nasceu o galego e ainda se pode encontrar na fala de gente rural o mesmo acento galego que se ouve no outro lado do rio minho. Deixemos de preconceitos estéreis e passemos a estudar mais a origem de nosso idioma. Há muita bibliografia disponível sobre esse tema. Leiam sobre a Gallæcia e vejam o que falo.


Eu condordo, á marxe da ranciada da cancion do xa famoso Paulo Bragança que di "Sou Galego" ate o Mondego... Segundo o meu dicionario Aurelio, brasileiro, figura coma alusión despreciativa que se lles dá aos portugueses. Xa nin precisa se de norte ou sul. Sería sinónimo de apelativos coma portuga. Debera figurar enton que á xente do norte de Portugal se lles chama galegos. Pero é dato anecdótico posto que estes mesmos reférense aos do sul coma os da mouraria. Non é nada político só son tópicos e bastante vivos.

  • Penso que o artigo e tendencioso, facendo moitas alusións ó portugués e mencionando con asuidade a opinión de que o galego e o portugués son unha soa lingua, sendo esta postura cada vez máis minoritaria. É como si no artigo referente ó holandés falamos de lingua alemana...por moito que se parezcan, son linguas diferentes. O artigo precisa unha grande revisión.--Norrin_strange (Talk) 09:47, 9 setembro 2006 (UTC)

N VELAR[editar a fonte]

A fonética está mal, falta o n velar (uNHa, coN isto, etc) 12:30, 16 maio 2007 193.144.60.42

Si, tes razón. Movin o teu comentario ao final, non esquezas separar os comentarios nas páxinas de discusión e mellor se son asinados.
Emilio juanatey 16:06, 16 maio 2007 (UTC)


Boto en falta as principais diferenzas entre galego e portugués[editar a fonte]

No resto de Wikipedias hai moita controversia con respecto a esta cuestión. A Wikipedia inglesa está chea de manipulación informativa levada a cabo por algún que outro reintegracionista. A wikipedia galega podería contribuír a aclaralo todo. Non hai algún licenciado en Filoloxía Galega (non ha de haber!) que teña tempo para abrir un novo apartado coas principais diferenzas morfolóxicas entre galego e portugués? Refírome a diptongos, triptongos, grupos consoánticos, sufixos, etc que tolera un e outro. Na Wikipedia catalana abriron un apartado na páxina editada para o occitano destinado a deixar claras as principais diferenzas entre occitano e catalán (que polo que vin non é que sexan moitas...) [[1]] Estase a exercer unha "táctica" (non sei como chamala) de acoso e derribo contra o galego na wikipedia portuguesa, na inglesa ou na francesa tanto nos apartados destinados ás discusións como nas propias edicións. Amólame moito que se extenda desa maneira unha visión do galego tan marxinal e que se desprece a visión da meirande parte de nós. A visión lusista do galego está chea de prexuízos (cun toque xenófobo) lingüísticos e só responde aos intereses políticos dunha minoría. Por outra banda penso que dalgunha maneira tamén se está a ridiculizar o traballo dos galegos que pretenden sacar adiante unha wikipedia na súa lingua. Non vou entrar xa en cuestións lingüísticas máis profundas (diasistemas lingüísticos, linguas por elaboración, estándares, etc) Penso que os que colaboramos na Galipedia témolo todo moi clariño (galego e portugués = dúas linguas) e a nosa Wikipedia debería contribuír a extender esa visión. --Cabaleiro de Espadas 14:43, 24 xullo 2007 (UTC)

Castrapo non é galego![editar a fonte]

Cabaleiro tu defendes o uso do castrapo que definitivamente non é galego! O reintegracionismo é um movimento digno e nem um pouco parcial ou preconceituoso (xenófobo).

Aos que querem escuitar uma palestra interessante sobre o reintegracionismo na música deixo aqui uma ligaçom:[2]

Reestruturación do artigo[editar a fonte]

Penso que este artigo precisa unha reestruturación e expansión, cando menos deberia ter as seguintes seccións:

  • sociolinguística e uso do galego
  • gramática histórica
  • dialectoloxia
  • literatura

ainda que remitisen a artigos principais esas seccións son necesarias. E hai que eliminar a maioria das ligazóns externas. Para alguén que consulta unha enciclopedia 30 ligazóns son o mesmo que nengunha, haberia primeiro que eliminar as ligazóns que teñen artigo próprio na galipedia e dirixir ao artigo, e pór as ligazóns mais concretas nos artigos correspondentes.

opinións?
--Emilio juanatey 10:53, 16 agosto 2007 (UTC)

Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego[editar a fonte]

Eu tamén penso que o artigo precisa dunha reestruturación case completa. Déixovos unha ligazón para descargar dende a páxina da Real Academia Galega as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego pola RAG

É un texto divulgativo no que vos podedes inspirar para a reelaboración do artigo. Inclúe moitísimas anotacións a pé de páxina coas principais diferenzas entre galego e portugués, xustificacións lingüísticas oportunas e os criterios que a RAG segue. Moi completo e moi útil. --Cabaleiro de Espadas 08:28, 19 agosto 2007 (UTC)

Entrevista com Carlos Figueiras sobre o galego.[editar a fonte]

Pode-se assistir uma entrevista muito interessante com Carlos Figueiras na TVG (Televisión de Galicia) sobre a língua na Galiza.


Ver aqui

Galegoportuguês de Cáceres[editar a fonte]

Que o galegoportuguês é uma só língua é claro para quase todos, é claro para muitos, mas não para os galegos que acreditam no galegoespanhol. Pena. Cáceres. Em Cáceres fala-se um galegoportuguês que é o português beirão antigo (comparado com o actual), e não é esse xalexoespañol da Xunta da Xalicia. Obrigado. --Ibérico 05:44, 2 febreiro 2008 (UTC)

Si entendo ben tratase de a Fala de Estremadura ? As diferencias estan apuntadas no artigo con ligazón o artigo da Fala. ElviraConversa con mi 14:10, 3 febreiro 2008 (UTC)

Essas vogais...[editar a fonte]

Nom sou lingüista, mas acho que esse quadro com as vogais nom é correcto. Os "o" e "e" son semi-fechados, nom médios.

Controversia[editar a fonte]

A seguinte frase:

Existe controversia acerca de se o fala da zona occidental de Asturias, na comarca do Eo-Navia é galego ou un fala de transición entre o galego e o asturiano

introducida nesta edición [3] é completamente falsa, e polo tanto procede a súa eliminación, porén, como este é un tema delicado expoño-o aqui antes por se alguén ten algo que dicir.

Non existe unha controversia na comunidade científica, a práctica totalidade dos estudos lingüísticos desde os pioneiros de Menéndez Pidal (ver Galego de Asturias)até hoxe consideran esas falas galegas, certos membros da academia dela llingua asturiana manteñen unha postura diferente, na comunidade existe unha certa discusión sobre se unha subzona entre a isoglosa do ll- e o Navia se pode considerar unha fala de transición, pero ninguén discute a galeguidade da fala de castropol. Se ninguén aporta fontes procederei a borrar. --emilio juanatey(talk) 18:31, 2 xullo 2008 (UTC)

Concordo en que se debe borrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:38, 2 xullo 2008 (UTC)
  • Totalmente de acordo non existe controversia desde o punto de vista lingüístico, tan só a ALLA (Academia de la Llingua Asturiana) di que non é galego, pódese ver a súa postura nesta ligazón (PDF), dende o meu punto de vista só contén vaguedades e que basicamente di que non é galego por estar en Asturias e ter certas diferenzas co galego máis común, calificando á fala da zona como propia do continuum dialectal, com se toda a Romania non fose precisamente iso, un continuum dialectal.--Arco de Rayne 18:49, 2 xullo 2008 (UTC)
  • Creo que absolutamente todo nesta vida é opinable e, polo tanto, obxecto de controversia (o cambio climático, a existencia de Deus, a evolución das especies, Galicia/Galiza ou as bondades do Omega3, por poñer só uns exemplos). Antes de borrar esa frase, asegurádevos de que a única opinión en contra sexa a desa Academia; de por parte e aínda que fosen eles sós, se esa Academia é o equivalente da nosa Academia da Lingua Galega é unha referencia relevante, non un calquera. Eu inclinaríame por redactalo doutra forma de tal xeito que, partindo desa opinión maioritaria e asumible como estándar, quedase constancia desa discrepancia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 2 xullo 2008 (UTC)

Conclusión
Transcorrido un tempo prudencial, como non se aportaron fontes procedo ao borrado da frase. --emilio juanatey(talk) 21:12, 26 agosto 2008 (UTC)

Número de falantes[editar a fonte]

Vexo no número de falantes a cifra exacta de 2.800.000, que non sei de onde sae, pois non ten ningunha referencia externa. Entendo que para dar este dato podemos facer dúas cousas:

  • Opción A. Tomar unha única fonte como referencia válida, e poñer o número exacto de falantes, como fai por exemplo a wiki española (3,188,400 falantes en 1986 segundo ethnologue).
  • Opción B. Guiandonos por varias referencias e estimacións, dar un rango aproximado, como fan nas wikis portuguesa e inglesa (3 a 4 millóns de falantes). Pero si facemos unha estimación, non podemos decir que son 2.800.000 (nin calquera outro número exacto).

En calquera caso, polos datos que manexan outros wikis, parece que a cifra se queda corta. Eu, por agora, o que farei será poñer o dato que da ethnologue, pero si tedes outras referencias que consideredes máis válidas, adiante. Saúdos, Miguel.lima 08:42, 3 xullo 2008 (UTC)

direitos de autor ou licencia libre ?[editar a fonte]

No artigo hai frases enteiras diste blog. Non dín acertado si ise blog edita conlicencia libre, si é o caso, o usuario esqueceu de indicalo. Se non é licencia libre, poís teriamos que facer algo, volver redactar ... ElviraConversa comigo 18:58, 9 outubro 2008 (UTC)

Creo que é ó revés: o blog copiou os artigos da galipedia no seu blog, o de Galiza e un da Historia de Metallica da wiki española. --Alberte (Si, dígame?) 19:04, 9 outubro 2008 (UTC)
Pois si, como di Alberte copiou varios artigos. Acabo de deixarlle unha mensaxe indicando que debería citar as fontes. Copiar pode copiar o que queira sen problemas, pero sempre que indique a fonte. Saúdos. Miguel.lima 09:07, 12 outubro 2008 (UTC)

Número de ligazóns externas[editar a fonte]

Non serán demasiadas ligazóns externas? Lembremos que a Wikipedia non é un directorio de páxinas web. Miguel.lima 15:59, 24 novembro 2008 (UTC)


Neutralidade Zero =[editar a fonte]

Este artigo, bom como quase todos os que sobre língua e linguística galega desta wikipédia, é tendencioso e está muito longe da neutralidade requerida. Sobre o vocalismo galego nom diz senom asneiras que parecem decalques de alguma gramática escolar castelhana do após guerra. Tudo aqui é catecismo!!!!

83.165.207.152 22:49, 11 maio 2009 (UTC) 12/05/2009 João Guisan

  • Non sei a que te refires, João Guisan. O artigo axústase escrupulosamente ás normas, contando coa reforma de 2003, que imaxino coñeces. Con todo, se sabes dalgunha eiva concreta, sempre que se poida referenciar e contrastar, bótalle man; a edición é de libre participación, supoño que tamén o saberás. Así se traballa aquí. En calquera caso, date por convidado a colaborares na Galipedia; cantos máis sexamos, máis avanzamos e con máis pluralidade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:03, 11 maio 2009 (UTC)

Inclusión de novas liñas no encabezado[editar a fonte]

Ola a todos! Quería preguntarvos que opinabades da inclusión destas liñas no encabezado (que xa incluíra pola maña pero que Atobar recomendou que ante cambios así é mellor metelos na páxina de conversa primeiro para que o resto da comunidade lle deades o visto bo). As devanditas liñas son as seguintes: Diferentes entidades culturais defenden o idioma galego coma variedade diatópica do diasistema lingüístico galego-luso-africano-brasileiro. Na miña opinión estas liñas deberían ser incluídas no encabezado, porque o que se tenta facer na galipedia , polo que eu sei, é dar unha opinión neutral, global e plural do mesmo artigo en cuestión, sempre e cando sexan veraces. Por iso acho que se deben pór as diferentes opinións ou definicións da lingua galega , se é no encabezado de forma breve, que se teñen da mesma aínda que sexan minoritarias porque senón ao eludirmos unhas desas diferentes opinións pecamos, no meu punto de vista reitero, de falta de rigorosidade no tocante á neutralidade.

Á parte que ese mesmo parágrafo ou moi similar o teñen diferentes galipedias nos seus artigos, como podedes ver:

na catalá: Constitueix un romanç autònom per a les autoritats lingüístiques oficials a Galícia, emparentat amb el portuguès, mentre per a altres lingüistes encara avui és una variant co-dialectal del diasistema lingüístic gallec-portuguès, formant una llengua comuna amb altres formes portugueses que existeixen al món, com al Brasil, a Moçambic o a Angola.

na castelá: Diferentes entidades culturales defienden al idioma gallego como variedad diatópica del diasistema lingüístico gallego-luso-africano-brasileño. (de onde, hei de recoñecer, as collín para as traducir por que me parecían bastante axeitadas.)

na portuguesa: O galego pode ser visto como uma forma evoluída do galego-português, com algumas influências do castelhano e umas poucas formas e traços próprios inexistentes em português, uns próprios do galego-português original que desapareceram do português contemporâneo, outros fruto da evolução posterior do galego; ou como mais uma variante do português: português da Galiza (da mesma forma que se fala de "português de Portugal" ou "português do Brasil"). [aínda que está xa vai moita máis alá nos seus presupostos.]

Cito só estas tres porque son as linguas que mellor manexo ou entendo, pero nas outras tamén se pode ver no encabezado (como na francesa) que se fan eco destas mesmas teorías ou que mencionan a corrente reintegracionista no seu encabezado, cousa que non facemos nós polo que limitamos ese aspecto de información global e neutral do encabezado (aínda que apareza detallado máis abaixo). Así pois, creo que se ben non queredes incluír esas liñas exactas no encabezado tal cal as puxen eu quizais si deberiades de pensar noutras que reflictan a mesma corrente de opinión mais noutras palabras, porque nos encabezados se debería de pór, ben de forma breve, as diferentes definicións do asunto a tratar polo artigo. Isto me recorda que, quizais erre, pero hai tempo aparecían no encabezado unha frase moi semellante á miña.

Saúdos a todos e a todas e xa diredes o que opinides. --Nonso91 17:01, 26 outubro 2009 (UTC)

As outras wikipedias non se poden tomar como fontes, polo tanto non é relevante o que poñan ou deixen de poñer, todo se ten que basear en referencias, se procuras por diasistema lingüístico galego-luso-africano-brasileiro en google non hai nada de relevancia, ou polo menos eu non o vin, polo tanto non podemos poñer no cabezallo unha frase tan imprecisa como esa dun diasistema que quen di que existe, asociacións culturais!!!, os diasistemas establécenos os lingüístas. Primeiro fontes e referencias, despois discutímolo.--RNC 17:12, 26 outubro 2009 (UTC)
Amais do que xa escribín na páxina de Nonso91, só dicir que concordo plenamente co dito por RNC. --Atobar (conversa comigo) 17:16, 26 outubro 2009 (UTC)
E postos a poñer, tamén podemos poñer que, que o galego é a lingua portuguesa en Galicia, non é iso o que defenden tamén algunhas asociacións culturais, e mais tamén podemos poñer que durante séculos moitos, e seguramente tamén asociacións culturais, defenderon que o galego era un dialecto do castelán. Podíanse poñer moitas cousas no cabezallo, pero en tres liñas ten que ir o fundamental e opinións maioritarias, non o que pense FAES ou AGAL que é o galego--RNC 17:27, 26 outubro 2009 (UTC)
Ben, xa que logo, e visto que non hai argumentos a favor é obvio que non incluirei nada no encabezado mais polo que se extrae dos teus argumentos RNC, ben se pode pór isto máis abaixo no apartado correspondente para o ampliar, verdade? --Nonso91 20:19, 1 novembro 2009 (UTC)
Evidentemente, sempre que o que se poña sexa algo referenciado ou verificable, se o que queres poñer é literalmente "variedade diatópica do diasistema lingüístico galego-luso-africano-brasileiro" terás que procurar referencias, eu non atopei ningunha referente a ningún diasistema que se chame exactamente así, e nunha enciclopedia hai que ser precisos.--RNC 20:31, 1 novembro 2009 (UTC)

Existen efectivamente referencias sobre o chamado "diasistema lingüístico galego-luso-africano-brasileiro". Chámase "Estudo Crítico das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego", e é un libro que non aparece mencionado ningures polo texto, mais crucial para 1) comprender o proceso de normativización da lingua galega e 2) garantir unha información completa e ofrecer as opinións de dúas posicións igual de válidas fronte á lingua. O propósito da Galipedia é dar a información de forma obxectiva e neutral, e nesta páxina fíxose de todo menos iso, ou polo menos do meu punto de vista. - Galeguiño (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 20:36 (UTC)

Portugués e galego unha única lingua?[editar a fonte]

De acordo con algúns estudos, o galego pode ser clasificado como unha variante do portuguéspg341| (1). Estímase que o galego e o portugués sexan mutuamente intelixíbeis en cerca de 85% Ethnologue| (2). Ata a adopción do galego como lingua oficial española, a Encylopaedia Britannica rexistava a lingua como dialecto ou variante do portugués. Algúns autores como Lindley Cintra (Lindley Cintra, Luís F. Nova Proposta de Classificação dos Dialectos Galego-Portugueses Boletim de Filologia, Lisboa, Centro de Estudos Filológicos, 1971) consideran que as dúas linguas aínda son co-dialectos da mesma lingua a pesar de diferenzas superficiais de ortografía e vocabulario. O galego foi acceptado nas intervencións orais no Parlamento Europeo como dialecto do portugués EUobserver| EUobserver e foi usado por varios representantes, por exemplo José Posada, Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras. De acordo coa viquipèdia (wikipedia catalá): "Des d'un punt de vista científic, la idea a la Lusofonia, de què el gallec és una variant regional de la llengua portuguesa –i viceversa- reuneix hui un ampli consens, sent estudiat amb la resta de les varietats del portugués en les universitats i centres d'investigació lingüística dels països lusòfons." —o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.89.130 (conversacontribucións) 2 de agosto de 2010 ás 17:14


Eonaviego, Galego y Contradicciones[editar a fonte]

Se se diz que n'Asturias se fala galego, ta ben. Peró nun pode ser que se diga qu'el que regula alí a lingua seña a RAG. ¿É que nun tán vixentes as normas ortográficas del gallego-asturiano da ALLA? ¿Os nenos nun son as qu'estudian? Nun se diz nin qu'exista úa normativa propia, nin se diz nada da función normativa del ALLA. Sen embargo sí se fala del lusismo, y se fala tamén d'úa Terra Eo-Navia que nun existe máis que nel maxín d'algús. Tampouco vexo que se diga nada del Plan de Normalización Social asturiano que fala del gallego-asturiano, nin da Llei d'Uso. ¿En qué quedamos? Eu defendo que se meta dentro del gallego, porque filolóxicametne sí lo é, pró este artículo había que recoñocer estas cousas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.36.160.189 (conversacontribucións)

O galego regúlao a RAG. Iso non ten moita volta de folla. O encerelle ALLA-Lusismo non vexo moi ben a que vén. E non esquezas asinar os teus comentarios, IP. --Atobar (conversa comigo) 11:27, 6 de outubro de 2010 (UTC)
Eu deste tema non entendo nada, pero sei que aquí o que traballa manda: se cres que hai algo que cambiar ponte mans á obra e cámbiao. Non hai máis que unha lei á que aterse. Ao final todos sairemos gañando. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:51, 6 de outubro de 2010 (UTC)


Português e occitano[editar a fonte]

Olá a todos! Deparei-me com um preconceito excêntrico neste artigo. Passo a citar: "A ortografía portuguesa é inspirada na ortografía do occitano produto do Real Decreto de Afonso III de Portugal, alegando motivos estéticos.". Bem longe disso! A ortografia do galego contemporâneo é muito mais influenciada pelo castelhano em comparação com a portuguesa comparada com o occitano. A situação de maior semelhança entre português e occitano é no uso dos dígrafos "lh" e "nh". No entanto não foram razões de ordem estética os principais motivos para escolha!!! Antes da adoção do "nh" e do "lh" os portugueses escreviam indiferenciadamente: -ni-, -ny-, -ñ-, -nn- para "nh" e -li-, -ll- para "lh". O problema maior era a distinção entre palavras em que "nn" e "ll" (ou -li-) não se liam como nh e lh, ex: "anno (diferente de "anho", cordeiro), anniuersario, estrella, bello, castello, familia, amarello, parallelo, villa" das outras com os ditos sons: "anho, vinho, senhor, filho, velho, vermelho, maravilha". Os motivos foram sobretudo de uniformização da língua e não puramente estéticos, como a frase parece sugerir. A língua galega pelo contrário optou pela ortografia castelhana (ll e ñ) mas manteve a distinção fonética portuguesa (ano, não año; estrela e não estrella, etc) do qual resultou um sistema híbrido totalmente incongruente (absurdo e esquizofrénico).—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.10.237 (conversacontribucións) 14 de outubro de 2010 ás 19:43

Todo iso que dis é moi interesante e seguramente terás razón. Nese caso, e se tes especial interese en divulgar a verdade, non terás inconveniente en pórte mans á obra e introducir ti mesmo no artigo os cambios que estimes oportunos, debidamente referenciados e contrastables. O principio do armémonos y vayan non ten cabida na Galipedia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:03, 14 de outubro de 2010 (UTC)

L velar[editar a fonte]

Falta nomear o L velar, pronunciado a final de sílaba!! —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.45.253.99 (conversacontribucións)

Diferenças ortográficas com o português[editar a fonte]

"A morfoloxía do portugués superpuxo o dialecto de Lisboa por riba do resto en todo o territorio, afastándose así das solucións morfolóxicas galegas similares ao material lingüístico das comarcas portuguesas máis norteñas. Dende o punto de vista sociolingüístico os trazos morfolóxicos residuais do actual norte de Portugal son cualificados pexorativamente de dialectais ou provincianos e só se conservan na franxa etaria máis avanzada dos seus falantes. Estas formas non foron aptas para a estandarización provocando, eles, un afastamento morfolóxico considerable con respecto ao galego. Hoxe en día, o idioma portugués, lingua de estado durante máis de oito séculos, encóntrase homoxeneizado morfoloxicamente en todo Portugal."

Gostaria de ter as citações que justificam tais afirmações um tanto quanto polêmicas. Gostaria de assinalar que a língua portuguesa não se limita a Portugal, que é documentado que nós brasileiros temos como principais elementos colonizadores os portugueses nortenhos e insulares, bem como os imigrantes ilegais galegos e holandeses, que os dialetos do Brasil e da África foram os que mais preservaram o português europeu quando falado no século 16 (apesar dos estereótipos bobos de que nós falamos um tipo de de-creoulizado), que nossas variedades linguísticas são fiéis à nossa escrita, e que apesar do enorme tempo de divergência entre os padrões brasileiros e portugueses, eles não tomaram caminhos diferentes o suficiente para se tornarem um pouco exóticos um ao outro tal qual o galego padrão parece ao português moderno (e imagino que vice-versa). Não há tal coisa de supremacia lisboeta em nossa escrita. Lguipontes (conversa) 22:35, 6 de outubro de 2012 (UTC)


Essa discussão é interminável porque depende de pontos de vista subjetivos. O meu ponto de vista, que eu considero o menos ofensivo a quem quer que seja, é que há uma única macrolíngua chamada "galego-português" que é dividida em vários dialetos, alguns falados na Espanha (dialetos galegos) e outros falados em Portugal (dialetos portugueses setentrionais, centrais e meridionais). O chamado "português padrão" é a lingua oficial de Portugal, que se baseia de fato nos dialetos das cidades de Lisboa e Coimbra e é usada pelas escolas, pela imprensa e pelo governo como meio de comunicação comum entre falantes dos vários dialetos. O que se chama por sua vez de "galego normativo" ( o idioma desta Wikipédia) é uma língua padrão separada, fortemente influenciada pelo castelhano, e não muito representativa dos dialetos galego-portugueses realmente falados na Galiza.
No caso do Brasil, que também é controverso, há também um "português brasileiro padrão", originalmente baseado no dialeto das classes alta e média alta da cidade do Rio de Janeiro e, atualmente, da cidade de São Paulo. Na sua versão escrita, ele é muito parecido na verdade com o "português padrão" de Portugal; na versão falada, existem algumas diferenças mais significativas, mas que geralmente não comprometem a inteligibilidade mútua. Ao lado porém do "português brasileiro padrão", existe também o "vernáculo popular brasileiro", que é uma língua bem diferente do "português padrão" europeu, e muitas vezes não mutuamente inteligível com esse último.161.24.19.112 29 de agosto de 2013 ás 20:04 (UTC)
  • A wikipedia non é un foro nin un lugar para iniciar discusións filosófico, políticas ou lingüísticas, esta páxina é para falar do contido do artigo, non para falar dos puntos de vista particulares de cada quen, que non veñen ao caso.--Sernostri (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 20:16 (UTC)

Cooficial[editar a fonte]

O artigo di: "É idioma oficial na Nacionalidade Histórica de Galicia (onde o castelán é cooficial)". Eu creo que na normativa legal é xusto a revés. O galego é cooficial. O lóxico sería o contrario, pero...--Miguelferig (conversa) 12 de xuño de 2015 ás 07:34 (UTC)

Feito! Feito! Miguelferig, os dous son oficiais, engadín a referencia ó Estatuto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2015 ás 11:14 (UTC)

Número de falantes[editar a fonte]

É imposible de crer que haxa 4 millóns de falantes. E que segundo isto o 98 % dos habitantes de Galicia falan galego. Pouco máis e hai máis galegofalantes que catalanfalantes. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17 de xaneiro de 2016 ás 09:29 (UTC)

Vogais átonas[editar a fonte]

"As vogais do galego estándar están descritas en Regueira (1998) e en Regueira (no prelo a). As vogais tónicas represéntanse como [i] [e] [ɛ] [a] [ɔ] [o] e [u]. As 7 vogais pretónicas e as 5 postónicas represéntanse de maneira xeral nos traballos de fonética galega cos mesmos signos. A realización das vogais átonas apenas mereceu a atención dos que describiron a fonética galega, que normalmente non pasan de mencionar a súa maior relaxación. Non obstante, unha descrición axustada do vocalismo galego non pode deixar de sinalar que en palabras como lobo ou bolo a diferenza entre a vogal tónica e a vogal final é moito máis ampla cá debida á tonicidade da primeira fronte á atonicidade da segunda, e que as transcricións habituais non recollen esa diferenza. Algúns traballos (Molinos Castro 2002; Regueira, no prelo a) mostraron que as vogais postónicas finais presentan unha marcada elevación respecto das tónicas, así coma unha notable centralización. A elevación e a centralización son menos acusadas en posición final de enunciado, onde a duración é notablemente maior. Naturalmente, estamos a falar de valores medios, non de que todas as realizacións sexan necesariamente así. Estas vogais, de acordo co Alfabeto Fonético Internacional poden representarse como [ɪ], [ɐ], [ʊ]. Neste dicionario, dado que se procura, na medida do posible, unha transcrición accesible e clara para non especialistas, optouse por representar estas vogais cos signos [e̝] [a̝] [o̝]: ['loβa̝], ['baβa̝], ['seβe̝]. Estes signos son algo máis inexactos, mais teñen a vantaxe de coincidiren coa representación gráfica destas vogais e tamén coas transcricións habituais noutras gramáticas e manuais, aínda que marcando que o seu timbre é diferente do correspondente á posición tónica ou pretónica."

Regueira, Xosé Luís (2010), Dicionario da pronuncia da lingua galega, A Coruña: Real Academia Galega, ISBN 978-84-87987-77-9 http://ilg.usc.es/pronuncia/dicionario_fonetico_introducion.pdf —o anterior comentario sen asinar foi feito por Andalcant (conversacontribucións)

Tratamento do reintegracionismo no artigo sobre a lingua galega[editar a fonte]

Ben queridos compañeiros da Galipedia,

Non me parece correcta a actitude de desprezo que se está a facer contra o reintegracionismo nesta páxina da Galipedia. O apartado está cheo de incorreccións sobre os posicionamentos do movemento reintegracionista, tentando separar e especializar os termos lusismo e reintegracionismo cando son sinónimos o un do outro, e difundindo, por tanto, falsas ideas que non veñen nada ben nunha Galiza plural onde podemos debater sobre estes temas sen prexuízos nin problemas. Sería bo incluír un apartado dedicado 1) aos criterios tomados polo ILG para crear a normativa das NOMIGa e 2) á posterior crítica feita pola AGAL no seu Estudo Crítico das Normas Ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, para garantir que o público dispoña dunha información obxectiva e expresa dun punto de vista neutral, tal e como indica a mesma Galipedia nos seus principios. Eu mesmo ofrézome, se non houber ninguén máis, a redactar e escribir esta información.

Un saúdo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Galeguiño (conversacontribucións)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Lingua galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 14:11 (UTC)

Postalveolar?[editar a fonte]

Postalveolar ou posalveolar? Lles (conversa) 5 de febreiro de 2019 ás 13:40 (UTC)

Associaçom Galega da Língua[editar a fonte]

Penso que cómpre engadir a AGAL como institución que regula a lingua galega, especificando que non é oficial. Penso que aínda que non se estea dacordo coa norma reintegracionista é suficientemente relevante como para visibilizala nesta páxina. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.29.231.145 (conversacontribucións)

Ola, ip. Non: a AGAL non regula a lingua galega e non ten en ningún caso máis relevancia da que se lle dá. --Atobar (conversa comigo) 14 de setembro de 2019 ás 22:19 (UTC)
Mentres non mude a LNL o criterio de autoridade para a lingua galega só o ten a Real Academia Galega. Polo demais a AGAL creou a norma AGAL, aínda que agora están noutra lea máis lusista que reintegracionista e parece que desistiu de regular a norma reintegracionista: "A presente proposta desiste de prescrever a norma futura do galego-português". É a rival Associaçom de Estudos Galegos, que emprega activamente a norma AGAL, a que nos seus estatutos afirma ser o órgano regulador do reintegracionismo: "tem objetivo fundamental estabelecer e regular, através do seu órgao académico Comissom Lingüística da AEG - Associaçom de Estudos Galegos, umha norma do galego que, com critério reintegracionista". Pero ningunha das dúas, nin calquera outra, conta con competencias oficialmente para regular a lingua galega.--HacheDous=0 (conversa) 15 de setembro de 2019 ás 08:01 (UTC)