Rexión viñateira do Alto Douro
Aparencia
| Tipo | rexión viñateira patrimonio cultural | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Distrito de Vila Real, Portugal, Distrito de Braganza, Portugal, Distrito de Viseu, Portugal e Distrito da Guarda, Portugal | |||
| ||||
| Bañado por | Río Douro | |||
| Características | ||||
| Superficie | 24.600 ha zona de protección: 225.400 ha | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 2001 (25ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (v) | |||
| Identificador | 1046 | |||
| Monumento Nacional de Portugal | ||||
| Identificador | 8983641 | |||
A rexión viñateira do Alto Douro (Região Vinhateira do Alto Douro ou Alto Douro Vinhateiro) é unha área do nordeste de Portugal de máis de 26 mil hectáreas, clasificada pola UNESCO, o 14 de decembro do 2001, como Patrimonio da Humanidade, na categoría de paisaxe cultural.
Características
[editar | editar a fonte]Esta rexión, que está bañada polo Río Douro e forma parte do chamado Douro Vinhateiro, que produce o viño do Porto, un dos viños máis coñecidos do mundo.
A súa área total abrangue 13 municipios: Mesão Frio, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguião, Vila Real, Vila Flor, Alijó, Sabrosa, Carrazeda de Ansiães, Torre de Moncorvo, Lamego, Armamar, Tabuaço, São João da Pesqueira e Vila Nova de Foz Côa, e representa o dez por cento da Rexión Demarcada do Douro.
