Paisaxe cultural de Sintra
| Tipo | paisaxe cultural patrimonio cultural | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Sintra (Santa Maria e São Miguel, São Martinho e São Pedro de Penaferrim), Portugal e Colares, Portugal | |||
| ||||
| Composto por | ||||
| Características | ||||
| Superficie | 946 ha zona de protección: 3.641 ha | |||
| Monumento nacional de Portugal | ||||
| Data | 2001 | |||
| Identificador | 6666431 | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 1995 (19ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (v) | |||
| Identificador | 723 | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1995 | |||
A paisaxe cultural de Sintra é un sitio inscrito en 1995 como Patrimonio da Humanidade da UNESCO localizado no concello de Sintra, en Portugal.[1] O sitio abrangue unha parte da Serra de Sintra e inclúe o centro histórico da vila.
No século XIX, Sintra converteuse no primeiro centro da arquitectura romántica de Europa. O rei Fernando II transformou un mosteiro en ruínas nun palacio, onde a nova sensibilidade está á vista, no uso de elementos arquitectónicos de diversos estilos, gótico, exipcio, mourisco e renacentista. Entre os monumentos históricos localizados na Serra de Sintra salientan: o Castelo dos Mouros, o Palacio Nacional da Pena, o Convento Capuchino, o Palacio Nacional de Sintra, o Palacio de Monserrate e a Quinta da Regaleira.
Outras localizacións próximas a Sintra ofrecen combinacións únicas de parques e xardíns que tiveron grande influencia na arquitectura paisaxista europea. O monte onde se sitúan todos os monumentos foi reforestado no século XIX con especies de árbores tanto locais como exóticas doutros países, dando lugar a unha contorna natural singular. A serra, ademais, está integrada no Parque Natural de Sintra-Cascais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cultural Landscape of Sintra". UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paisaxe cultural de Sintra en Unesco.org (en inglés)

