Constantin Brâncuși

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Constantin Brâncuşi")
Constantin Brâncuși
Edward Steichen - Brancusi.jpg
Nacemento 19 de febreiro de 1876 e 19 de febreiro de 1893
  Hobița
Falecemento 16 de marzo de 1957
  París
Soterrado Cemiterio de Montparnasse
Nacionalidade Francia e Romanía
Alma máter École nationale supérieure des Beaux-Arts
Ocupación escultor e fotógrafo
Coñecido/a por Bird in Space, The Endless Column, The Kiss e Sleeping Muse
editar datos en Wikidata ]
Constantin Brâncuşi, 1905.

Constantin Brâncuşi, ou Constantin Brancusi na grafía francesa, nado en Hobiţa (distrito Gorj, preto da cidade de Târgu Jiu) o 19 de febreiro de 1876 e finado en París o 16 de marzo de 1957, foi o máis famoso escultor romanés. As súas obras atópanse en museos de Francia, Estados Unidos, Romanía e Australia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brancusi estudou arte en Craiova (cidade do distrito Dolj, Romanía) desde 1894 a 1898. Logo continuou os seus estudos na Escola Nacional de Belas Artes en Bucarest desde 1898 ata 1901. Chegou a Paris en 1904 para perfeccionar os seus estudos. Como estudante de arte foi influído por Auguste Rodin e foi un dos primeiros artistas da arte moderna. Estableceu amizade con Amedeo Modigliani, Erik Satie e Marcel Duchamp. A súa obra evolucionou cara a unha eliminación dos detalles que o conduciu case á abstracción. Realizou unha serie de esculturas en metal chamadas "Paxaro no Espazo".

En Târgu Jiu hai un conxunto escultórico realizado por el de grande importancia. Estas obras atópanse dispostas en liña recta e son:

Este conxunto escultórico simboliza a vida do ser humano.

A Mesa do Silencio e a Porta do Bico atópanse no parque principal da cidade; entre as mesmas atópanse cadeiras tamén feitas por Brancusi e seguindo a imaxinaria liña determinada por estas dúas, chégase a unha das igrexas ortodoxas da cidade. Continuando aínda máis por esta liña, chégase á Columna do Infinito (considerada a súa obra cume) situada tamén nun parque. Entre as obras de Brancusi atópanse: Nai dormente (1906-10), O Bico (1908), A Sabedoría (1909), Prometeo (1911), O Comezo do Mundo (1924), O Paxaro (1924-49), A Columna do Infinito (1933), O Espírito de Buda (1933) e A Galiña (1941).

Brancusi morreu en Francia. Atópase enterrado no cemiterio de Montparnasse, París.

Unha das súas obras foi vendida en 11.1 millóns de dólares estadounidenses.