Amedeo Modigliani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amedeo Modigliani
Nacemento12 de xullo de 1884
Lugar de nacementoLivorno
Falecemento24 de xaneiro de 1920
Lugar de falecementoParís
Causatuberculose do sistema nervoso e envelenamento
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Amedeo Modigliani and Jeanne Hébuterne
NacionalidadeReino de Italia
EtniaPobo xudeu
Alma máterAccademia delle Arti del Disegno, Academia de Belas Artes de Florença e Accademia di Belle Arti di Venezia
Ocupaciónpintor, escultor e debuxante
FillosJeanne Modigliani
IrmánsGiuseppe Emanuele Modigliani
Coñecido porNua Sentada, Ritratto di Lunia Czechowska con ventaglio, Jean Cocteau, Autorretrato, Portrait of Lunia Czechowska (1919) e Frontal portrait of Jeanne Hébuterne
Na rede
Discogs: 2296435 Find a Grave: 2246 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Amedeo Modigliani e Jeanne Hébuterne.

Amedeo Clemente Modigliani, nado en Livorno (Toscana) o 12 de xullo de 1884 e finado en París o 24 de xaneiro de 1920) foi un pintor e escultor italiano de etnia xudía.

Vida[editar | editar a fonte]

Amedeo medra nunha familia xudía na cidade portuaria de Livorno, durante a súa adolescencia comeza a recibir clases de pintura de Guglielmo Micheli, tamén de adolescente comeza a sufrir de febres tifoideas e tise. No ano 1902 estudou na Escola libre de nu de Florencia e o ano seguinte no Instituto de Belas Artes de Venecia.

Finalmente no ano 1906 trasládase a París onde entra en contacto co mundo das vangardas. Instalouse no Bateau-Lavoir de Montmartre, unha antiga fábrica de pianos reconvertida en residencia artística por onde pasou gran parte da intelectualidade parisiense de comezos do século XX. Xa dende a súa etapa en Venecia Modigliani desenvolvera uns hábitos de vida pouco saudables, bebendo en exceso e consumindo drogas, pero o pouco de chegar a París acaba por converter en alcolico e ter problemas graves de conduta. Todo isto sumado ós seus problemas de saúde non tarda en pasarlle factura.

No 1909 retorna brevemente a Livorno tratando de alonxarse da mala vida que levaba en París, pero non vai a tardar en retornar instalándose desta volta no barrio de Montparnasse.[1]

Durante a Primeira guerra mundial trata de enrolarse pero é rexeitado polo seu estado físico. En 1918 vai comezar unha relación coa que será a nai da súa filla, Jeanne Hebuterne á que vai pintar en varias obras. O 24 de xaneiro de 1920 Modigliani vai morrer a causa dunha meninxite derivada da súa tuberculose con tan só 35 anos. Vai ser soterrado no cemitério do Père-Lachaise.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Modigliani xira fundamentalmente en torno ó retrato e ó nu. A súa formación en Italia bebe da tradición do S.XIX e sobre é deudora dos macchiaioli (Manchistas) que van a ser a resposta italiana contra o academicismo e o romanticismo. Varios dos membros deste grupo foron mestres de Modigliani.

Pero conservase pouca pintura desta época do artista xa que el mesmo vai a renunciar o súa primeira etapa unha vez que chega a París e entra en contacto coas vangardas pictóricas. O estilo polo que vai ser coñecido é moí persoal e dificilmente atribuible a calquera das vangardas. Hai influencia de Cezanne e tamén de Toulouse-Lautrec ou de Paul Gouguin incluso do primitivismo e do primeiro cubismo, pero creando sempre un estilo propio.[2]

Traspassos coñecer a Brancusi, durante un breve período o principio dos anos 10 Modigliani tamén traballou a escultura deixando pezas de grande interese aínda que regresou pouco tempo despois a adicarse á pintura a tempo completo.[3]

En vida Modigliani non vai ser un autor especialmente recoñecido, aínda que as súa obra vai cotizarse mellor nos seus derradeiros anos de vida grazas ao seu amigo e marchante Léopold Zborowski. Isto contrasta enormemente cos prezos de vendas que ten a súa obra a día de hoxe. O seu cadro Nu couché acadou na poxa feita por Christie´s en 2015 por 170.405.000 USD,[4] sendo un dos prezos máis altos pagados nunca por unha obra de arte.

No cinema[editar | editar a fonte]

En 1958 Jacques Becker dirixiu Les Amants de Montparnasse onde Gérard Philipe encarna ó pintor italiano[5],

No ano 2005 sería Andy García o que lle daría vida na cinta de Mick Davis, Modigliani[6].

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CLEMENTE AMEDEO MODIGLIANI « Nostra Italia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-08. 
  2. "Modigliani, Amedeo". Museo Nacional Thyssen-Bornemisza (en castelán). Consultado o 2020-04-07. 
  3. "1939 Art of Tomorrow Exhibition Catalog Mock-Up". Guggenheim (en inglés). 2013-05-28. Consultado o 2021-10-06. 
  4. "Amedeo Modigliani (1884-1920) , Nu couché". www.christies.com (en inglés). Consultado o 2020-04-07. 
  5. "Los amantes de Montparnasse (1958)" (en castelán). Consultado o 2020-04-07. 
  6. "Modigliani (2006)" (en castelán). Consultado o 2020-04-07.