Conversa:Confederación Xermánica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Xermánica e Alemá precisan de aparecer en maiúscula? Ao meu ver, non.--Atobar (conversa comigo) 17:50, 5 maio 2009 (UTC)

  • Ao ser o nome propio dun estado do estilo "Confederación Suíza" eu penso que si que debería ser con maiúscula, pero a verdade non estou moi seguro, así que se credes que é correcto en minúsculas por min ningún problema.

Mirando outros artigos da galipedia vexo sempre leva a maiúscula e noutros idiomas a cousa está dividida.--Adorian 18:52, 5 maio 2009 (UTC)

  • Certo, tamén eu me decatei dese detalle. Pero iso non quere dicir que estea ben. A ver se alguén máis fai algún apuntamento ao respecto.--Atobar (conversa comigo) 18:56, 5 maio 2009 (UTC)
O que din as normas da lingua galega sobre o uso das maiúsculas: "En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Cooperativa Vitivinícola do Baixo Miño". Polo tanto se a Confederación Xermánica foi unha institución formalmente constituída obrigatoriamente debe levar as maiúsculas.--RNC 19:33, 5 maio 2009 (UTC)