Piran
| Piran (sl) Pirano (it) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Eslovenia | ||||
| Concello | Piran Municipality (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.787 (2023) | ||||
| Lingua usada | lingua eslovena lingua italiana | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 44,6 km² | ||||
| Altitude | 7 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 6330 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 5 | ||||
| ISO 3166-2 | SI-090 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Łańcut (pt) Keszthely A Valeta Venecia Vis Mangalia Bjugn (pt) Acqualagna (pt) Castel Goffredo Aquileia Ohrid (1981–) Indianapolis (2001–) | ||||
| Monument of local significance (en) | |||||
| Data | 10 de decembro de 1983 | ||||
| Identificador | 513 | ||||
| Sitio web | piran.si | ||||
Piran (en italiano Pirano) é unha pequena cidade e concello de Eslovenia, sito na península de Istria, ao pé do Mar Adriático. Ten 16.758 habitantes. É un municipio bilingüe, no que o esloveno e máis o italiano son idiomas oficiais.
No centro do concello vivían 4.576 persoas en 2002, nunha área de 1 km². Outros importantes núcleos do municipio son Portoroz (Portorose en italiano) e Santa Lucia, que medraron en épocas recentes. Sito no sur de Istria, o concello linda xa con Croacia.
Piran é unha vella e ben conservada cidade mediterránea colocada na punta da península homónima (Punta Madonna en italiano). A cidade é como un grande museo a aire libre, cunha rica arquitectura medieval e unha potente herdanza cultural, proveniente do longo dominio e influencia da República de Venecia.
O centro da vida urbana é a praza de Tartini (Tartinijev trg, en esloveno; Piazza Tartini, en italiano), denominada así en honra do compositor e violinista Giuseppe Tartini (1692-1770), natural da cidade.
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piran |
