Saltar ao contido

Concello de Klippan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Klippan
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 56°08′00″N 13°08′00″L / 56.1333, 13.1333
EstadoSuecia
Condadocondado de Escania Editar o valor en Wikidata
CapitalKlippan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.670 (2025) Editar o valor en Wikidata (46,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Escania
Q61442726 Traducir (–2001)
Q61442740 Traducir (2001–) Editar o valor en Wikidata
Superficie379,41 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Klippan Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataBengt Svensson (en) Traducir (1999–2014)
Q126648676 Traducir (2014–2014)
Kerstin Persson (en) Traducir (2015–2018)
Hans Bertil Sinclair (2019–2022)
Anna Andresen (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webklippan.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Klippanskommun Instagram: klippans_kommun LinkedIn: klippans-kommun Youtube: UC-S5CSfKzJAw5eNPBMOKRFw Editar o valor en Wikidata

Klippan é un concello sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Klippan. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 17 714 habitantes.[2]

No suroeste atópase o macizo tectónico de Söderåsen e ao sueste varios restos de volcáns. Os bosques caducifolios e de coníferas e os campos pequenos conforman a partes norte e leste do concello. A principios da década de 2020 a economía local estaba dominada por pequenas e medianas empresas.

Dende que se fundou o concello a súa poboación mantívose estable ao redor dos 16 000 habitantes. A partir do ano 2015 a poboación medrou ata superar os 17 800 habitantes. Despois das eleccións da década de 2010 o municipio tivo gobernos de coalición cambiantes.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Färingtofta, Gråmanstorp, Källna, Riseberga, Vedby, Västra Sönnarslöv e Östra Ljungby. Nesas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Klippan estableceuse o 22 de xaneiro de 1887 no concello rural de Gråmanstorp. Todo o municipio foi reorganizado en 1945 no köping de Klippan. A localidade municipal de Ljungbyhed creouse o 21 de decembro de 1934 e desapareceu a finais de 1962.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Riseberga (dos anteriores concellos rurais de Färingtofta e Riseberga) e Östra Ljungby (de Källna, Össjö e Östra Ljungby) ao mesmo tempo que os municipios rurais de Vedby e Västra Sönnarslöv fusionáronse ao köping de Klippan.

O actuall municipio de Klippans naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Klippan. En 1974 foron incorporados o concello de Riseberga e partes do de Östra Ljungby (as parroquias de Källna e Östra Ljungby).[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concelo de Klippan limita con outros sete concellos de Escania, Örkelljunga ao norte, Perstorp ao leste, Höör ao sueste, Eslöv e Svalöv ao sur, Åstorp ao suroeste e Ängelholm ao oeste.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-01. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-07. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.