Saltar ao contido

Concello de Bromölla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Bromölla
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Retrouso
I fin miljö mellan hav och sjö Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 reforma municipal sueca de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q10436056 Traducir (1942 - 1970)
Näsum municipality (en) Traducir (1863 - 1973) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
9.483 (2011)
12.648 (2017)
12.677 (2017)
12.699 (2017)
12.698 (2018)
12.727 (2018)
12.842 (2018)
12.876 (2018)
12.909 (2019)
12.883 (2019)
12.869 (2019)
12.870 (2019)
12.866 (2020)
12.844 (2020)
12.790 (2020)
12.759 (2020)
12.768 (2021)
12.759 (2021)
12.700 (2021)
12.650 (2021)
12.614 (2022)
12.690 (2022)
12.669 (2022)
12.633 (2022)
12.604 (2023)
12.609 (2023)
12.550 (2023)
12.498 (2023)
12.490 (2024)
12.534 (2024)
12.515 (2024)
12.470 (2024)
12.499 (2025)
12.485 (2025)
12.485 (2025)
12.497 (2025)
12.490 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
1.175 (2019)
1.125 (2017)
1.175 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
197,14 km²
162,53 km² terra
185,27 km²
34,61 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap935659 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404344062 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zcxt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-456-822000 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: bromollakommun Twitter: Bromollakommun Instagram: bromollakommun LinkedIn: brom-lla-kommun Youtube: UCP0f_qy592z8I1tIi4VtQcw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bromölla é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é a localidade de Bromölla.

O municipio de Bromölla está situado na zona fronteiriza entre o terreo máis montañoso de Blekinge e a chaira de Kristianstad. No concello claramente industrial de Bromölla, ao redor da metade dos postos de traballo atopábanse na industria manufactureira a principios da década de 2020.

Ato o ano 1990 a poboación do concello medrou e tras unha década de caídas, co cambio de milenio a tendencia de poboación volveu a ser positiva. En decembro de 2024 vivían en Bromölla 12 470 persoas.[2]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Gualöv, Ivetofta e Näsum. Nesa tres parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reserva municipal de 1862.

No ano 1942 creouse o köping de Bromölla tras unha escisión do concello rural de Ivetofta.

Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Gualöv incorporouse ao de Ivetofta, mentres que o municipio de Näsum e o köping de Bromölla quedaron sen cambios.

No ano 1967 Ivetofta lpasou a formar parte do köping de Bromölla. O actual concello de Bromölla naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Bromölla, e en 1974 incorporaríase o concello de Näsum.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Bromölla é o máis oriental de Escania e limita ao oeste co de Kristianstad nese mesmo condado, e cos de Sölvesborg ao leste e Olofström ao nordés, estes dous no condado de Blekinge.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

Bromölla está situado na área fronteiriza entre o terreo máis montañoso de Blekinge e a chaira de Kristianstad. A paisaxe ao norte do lago Ivösjön é montañosa.

O leito rochoso na zona está moi meteorizado. Isto é independentemente de que se trate de granitos máis antigos ou de rochas xeoloxicamente moi novas do Cretáceo. Nalgúns lugares, a rocha meteorizada formou caolín, que se extrae por exemplo en Axeltorp. Noutros lugares a meteorización provocou a formación de tors, moreas de bloques de maior tamaño.[4] Estes mantivéronse incluso despois de que o leito rochoso circundante se esvaecera. O río Holjeån atravesa a paisaxe a través dun val que vai de norte a sur. Despois desemboca no lago Ivösjön xusto ao sur de Näsum. Ao redor da capital hai zonas chas con terras agrícolas fértiles e solo calcario.[5]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-15.
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-15.
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
  4. Sveriges geologiska undersökning (1983). Berggrundskartan 3E Karlshamn NV. Beskrivning till berggrundskartan Karlshamn NV = Description to the map of solid rocks Karlshamn NV. pp. 127–134. ISBN 978-91-7158-296-6.
  5. "Bromölla - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-16.