Concello de Höör
Coordenadas: 55°56′N 13°33′L / 55.933, -13.550
Concello de Höör Höörs kommun | |
![]() | |
Casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Skåne |
Condado | Escania |
Capital | Höör |
Área e poboación | |
Poboación | 17 054 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 319,87 km² |
Densidade | 58,70 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | hoor.se |
Höör é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Höör. No ano 2022 a poboación do concello era de 17 054 habitantes.[2]
O lago Ringsjön separa a parte sur do muncicipio do resto. O concello limita cos municipios de Hörby, Eslöv, Klippan e Hässleholm.
O concello de Höör está incluído dende o ano 2005 na área metropolitana de Malmö (Stormalmö).
Administración histórica[editar | editar a fonte]
A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bosjökloster, Gudmuntorp, Hallaröd, Höör, Munkarp, Norra Rörum e Tjörnarp. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Höör estableceuse o 25 de outubro de 1901 e disolveuse en 1939 ao fundarse o köping de Höör como unha escisión do concello rural de Höör.
Coa reforma municipal de 1952 formáronse, a través de fusións de municipios, os concellos rurais de Norra Frosta, Sösdala e Snogeröds. O köping permaneceu sen cambios.
En 1969 incorporáronse no köping o concello rural de Norra Frosta, unha parte do de Sösdala (Tjörnarp) e partes do de Snogeröds (Bosjökloster e Gudmuntorp). O concello de Höörs naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping do mesmo nome.[3]
Dende a súa fundación ata o ano 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Eslöv e dende entón ao de Lund.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-11.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Eslövs tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.