Concello de Hässleholm
Coordenadas: 56°10′N 13°46′L / 56.167, -13.767
Concello de Hässleholm Hässleholms kommun | |
![]() | |
Casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Skåne |
Condado | Escania |
Capital | Hässleholm |
Área e poboación | |
Poboación | 52 470 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 1 307,43 km² |
Densidade | 41,33 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | hassleholm.se |
Hässleholm ké un concello sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Hässleholm. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 52 470 habitantes.[2]
O municipio limita cos concellos de Perstorp, Örkelljunga, Markaryd, Osby, Östra Göinge, Kristianstad, Hörby, Höör e Klippan. Hässleholm é o concello máis grande de Escania en termos de superficie.
Administración histórica[editar | editar a fonte]
A área do concello correspóndese á das parroquias de Brönnestad, Farstorp, Finja, Gumlösa, Häglinge, Hästveda, Hörja, Ignaberga, Matteröd, Norra Mellby, Norra Sandby, Norra Åkarp, Nävlinge, Röke, Stoby, Sörby, Vankiva, Verum, Vinslöv, Vittsjö e Västra Torup. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Hässleholm estableceuse o 22 de xaneiro de 1887, disolvéndose cando en 1901 transformouse no köping de Hässleholm, que á súa vez transformouse en 1914 na cidade de Hässleholm.[3] A localidade municipal de Vinslöv estableceuse o 30 de decembro de 1898 e disolveuse a finais de 1933, transformándose no köping de Vinslöv. Na zona tamén existiron as localidades municipais de Hästveda dende o 11 de marzo de 1887 ata finais de 1959, de Sösdala dende o 17 de febreiro de 1893 ata finais de 1966, de Bjärnum dende o 16 de agosto de 1918 ata finais de 1958, e Tyringe dende o 2 de novembro de 1928 ata finais de 1970.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Bjärnum (a partir dos concellos de Norra Åkarp e Vankiva) Hästveda (de Farstorp e Hästveda), Stoby (de Norra Sandby, Ignaberga e Stoby), Sösdala (de Brönnestad, Häglinge, Norra Mellby e Tjörnarp), Tyringe (de Finja, Hörja, Matteröd, Röke e Västra Torup, Vinslöv (de Gumlösa, Nävlinge, Sörby e Vinslöv), e Vittsjö (de Verum, Vittsjö e Visseltofta),mentres que a cidade de Hässleholm e o köping de Vinslöv permaneceron sen cambios.
O concello de Hässleholm fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Hässleholm e do concello rural de Stoby. Ao mesmo tempo naceu o concello central de Vinslöv a partir do köping de Vinlöv. Este, xunto cos concellos de Bjärnum, Hästveda, Sösdala, Tyringe, Vinslöv e Vittsjö, incorporouse en 1974 ao concello de Hässleholm sen a parroquia de Visseltofta, en Vittsjö, que pasou a formar parte do concello de Osby.[4][3]
O municipio pertence dende a súa fundación ao partido xudicial de Hässleholm.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-10.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-10.
- ↑ 3,0 3,1 "Fakta om kommunen - Hässleholms kommun". www.hassleholm.se (en sueco). Consultado o 2022-10-01.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Hässleholms tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 1 de outubro de 2022.