Burlöv
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Escania | ||||
| Capital | Arlöv (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 20.386 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 19,21 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | burlov.se | ||||
Burlöv é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania,[1] situado entre Malmö e Lund. A súa capital é Arlöv, sendo un dos 42 concellos suecos que teñen como capital unha antiga localidade municipal (municipalsamhälle).
Unha gran parte do concello está consiste en áreas suburbanas ata Malmö, pero o terreo ten tamén condicións favorables para o cultivo. O municipio ten unha longa tradición industrial e a principios da década de 2020 a actividade económica local estaba en expansión.
Dende a formación do concello en 1971 a poboación medrou, especialmente a finais dos anos 90, e en decembro de 2024 vivian no municipio 20 101 persoas.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa da parroquia de Burlöv, onde coa reforma municipal de 1862 creouse o concello municipal do mesmo nome.
O 17 de marzo de 1899 estableceuse no concello a localidade municipal de Arlöv e o 21 de novembro de 1913 a de Åkarp. As dúas serían disoltas ao finais de 1958.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, pero co paso do tempo fóronse incorporando áreas máis pequenas das parroquias circundantes como as parroquias e concellos de Görslöv e Tottarp. En relación coa disolución da localidade municipal de Åkarp, a zona de Kabbarp na actual parte sur da área urbana de Åkarp foi transferida do municipio de Staffanstorp e da parroquia de Tottarp a Burlöv en 1959. O 1 de xaneiro de 1972 realizáronse revisións fronteirizas co municipio de Lomma e a zona de Svanetorp, ao norte de Åkarp, pasou a Burlöv e o municipio de Staffanstorp, na zona de Helenelund xunto á fábrica de Kronetorp, pasou a Burlöv. En 1992 realizouse unha revisión coa cidade de Malmö onde se colocou toda a zona da fábrica de pintura de Nordsjö en Burlöv.[3]
O actual municipio de Burlöv naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural de Burlöv.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello é o segundo máis pequeno do país en termos de superficie (tras o de Sundbyberg) e ten unha extensión que con algúns axustes aseméllase ao seu antecesor formado coa reforma municipal de 1862.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]A zona que constitúe o concello ten un leito rochoso rico en calcaria. A parte sur do municipio é máis montañoso que a norte, o que pode deberse a como se erosionou o leito rochoso. A erosión é tamén a explicación da formación dos lagos pequenos, e aparentemente sen drenaxe, da zona. O leito rochoso está principalmente cuberto de area e arxila de morenas fértiles. Hai condicións favorables para o cultivo e partes de Burlöv tamén se utilizan como zonas de proba pola universidade de ciencias agrarias de Alnarpt. Unha gran parte do concello atópase na área urbanizada da cidade de Malmö.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-15.
- ↑ "Detaljplan för Sunnanå 8:47 Nordsjö Nobels Industriområde" (PDF). burlov.se. Consultado o 16 de marzo de 2025.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Burlöv - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-01.
