Concello de Bjuv
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Escania | ||||
| Capital | Bjuv (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 16.052 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 115,81 km² | ||||
| Altitude | 35 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sitio web | bjuv.se | ||||
Bjuv é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é a localidade de Bjuv.
No municipio distínguense tres tipos de paisaxe: no nordés un bosque de faias, no sur unha paisaxe de outeiros de morena, e no norte unha chaira de sedimentos arcillosos. Historicamente a minería do carbón e a fabricación de ladrillos refractarios foron importantes sectores para a economía local. Porén, a principios da década de 2020 a economía de Bjov estaba dominada pola industria manufactureira e a da construción.
Dende a fundación do municipio en 1971 e ata o ano 2020 a poboación medrou nunhas 2 500 persoas. En decembro de 2024 vivían en Bjuv 15 985 persoas.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Bjuv atopase no noroeste do condado de Escania e limita cos municipios de Svalöv, Åstorp e Helsingborg.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-10.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
