Club Montañeiros Celtas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Montañeiros Celtas
Tipoasociación deportiva
Data de fundación1942
SedeVigo
PaísGalicia
Na rede
https://www.celtas.gal/
Facebook: mceltas Instagram: clubmontaneirosceltas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Placa do Club Montañeiros Celtas na Ponte (A Veiga), posta en 1968 tras unha excursión á Pena Trevinca.
Placa do Club Montañeiros Celtas no cumio de Pena Trevinca.

O Club Montañeiros Celtas é unha asociación deportiva con sede en Vigo e sen ánimo de lucro adicada ao montañismo e outras actividades relacionadas coa natureza como o alpinismo, sendeirismo, trekking, escalada, esquí alpino, de montaña e de fondo, espeleoloxía, descenso de canóns, bicicleta de montaña, submarinismo e actividades subacuáticas, piragüismo, orientación etc. Fundado no ano 1942, fomenta tamén a participación dos seus membros e de todos aqueles que se acheguen ao club en excursións, travesías, campionatos, concursos, exposicións relacionadas co deporte e o medio natural, tendo como unha das principais metas a contemplación e coidado da natureza.

Fins do club[editar | editar a fonte]

Segundo os seus actuais estatutos, aprobados o 21 de maio do 2004, o Club Montañeiros Celtas terá os seguintes obxectivos:

  1. Fomentar a práctica de deportes ou actividades de montaña en todas as súas modalidades.
  2. Organizar actividades como campamentos, cursos, charlas, exploracións, expedicións, campionatos etc.
  3. Favorecer o coidado e a protección do medio natural mediante diversas actividades como conferencias, exposicións, concursos, proxeccións audiovisuais, recuperación de sendeiros, plantación de árbores, edición de distintas publicacións: mapas, guías de montaña, revistas e boletíns informativos etc.
  4. Traballar e colaborar en actividades ecolóxicas e de protección e conservación do medio natural, especialmente nas relacionadas coa montaña e a súa contorna.
  5. Fomentar e colaborar nas actividades científicas, xeográficas, meteorolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas, artísticas e outras, relacionadas coa montaña e a súa contorna, así como da flora e fauna.
  6. Promover actividades especialmente adicadas a xente nova e tamén ás persoas maiores.
  7. Implicarse na defensa do acceso libre as zonas naturais en xeral e en especial as zonas de montaña sen mais limitacións que as propias da conservación destes territorios.

Historia[editar | editar a fonte]

O club xurdiu o 2 de febreiro de 1942 trala fusión do Centro Excursionista de Galicia (fundado en 1936) e a Peña Excursionista Viguesa (fundada en 1938) sendo en principio unha sección do Real Club Celta que máis tarde acadaría a súa independencia. O nome definitivo de Club Montañeiros Celtas figura dende o 24 de outubro de 1952. Os membros do club, ao longo da súa de existencia, teñen percorrido todo o noso planeta acadando importantes metas deportivas nos cumios dos cinco continentes.

Méritos e galardóns[editar | editar a fonte]

A traxectoria ao longo de todos estes anos mereceu o recoñecemento dos máximos organismos deportivos de España e da Comunidade Autónoma Galega, entre os que cabe destacar:

  1. A Medalla ao Mérito Montañeiro nas súas distintas categorías
  2. A Medalla ao Mérito Deportivo do Consello Superior de Deportes sendo encadrados como Membros de Honor no Grupo Nacional de Alta Montaña.
  3. Diploma de Honra pola Agrupación Nacional de Periodistas Deportivos, pola súa labor de promoción e éxitos logrados no deporte alpino.
  4. O trofeo "Julián Delgado Úbeda" , máxima distinción do deporte alpino español instituído para premiar á entidade que mellor e máis destacada actividade realice durante o ano en montaña, sendo Montañeiros Celtas a terceira Sociedade que logra acadar tal distinción.

Actividades destacadas[editar | editar a fonte]

Dentro do enorme número de actividades desenvolvidas por este club cabería salientar a chamada Operación Benxamín. Esta actividade, creada hai 25 anos polo membro do club Roxelio Pereira, que máis tarde chegaría a ser Presidente da Federación Galega, serviu para achegar aos rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos ao montañismo, e segue a desenvolverse na actualidade.

Instalacións e servizos do club[editar | editar a fonte]

A sociedade ten o seu local social na Avenida das Camelias de Vigo. Nel poden desenvolverse conferencias e proxeccións, unha biblioteca, un rocódromo, unha secretaría, un almacen de material deportivo etc.

O club tamén ten tres refuxios de montaña no monte Aloia, no monte Galiñeiro e mais en Domaio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]