Saltar ao contido

Bicicleta de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bicicleta de montaña en Siberia.
Bicicleta de montaña con suspensión.

Unha bicicleta de montaña, tamén chamada bicicleta todo terreo ou BTT, é unha bicicleta apta para ser empregada en terreos accidentados. Foi inventada nos Estados Unidos como variante da bicicleta de ciclo cross e coñeceu unha gran popularidade en España na década de 1990.

Características

[editar | editar a fonte]

Para responder satisfactoriamente ao uso que é habitual nunha bicicleta de montaña, os seus compoñentes deben ser especialmente resistentes aos esforzos mecánicos e tamén á acción da auga e da lama. As bicicletas de montaña contan con sistemas de cambio de velocidades especialmente amplos para adaptar o pedaleo ás diversas variacións do terreo.

O 60 % das bicicletas vendidas en todo o mundo dende 1985 son de montaña, aínda que só a metade chega a rodar sobre camiños de terra.[1]

  1. www.revista.consumer.es (ed.). "El nivel del ciclista determina la elección de la bicicleta". Arquivado dende o orixinal o 04/03/2010. Consultado o 08/10/2010.  (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]