Saltar ao contido

Ponte, A Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A Ponte, A Veiga»)
Ponte
Vista xeral da aldea desde Vilanova
ConcelloA Veiga[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°15′02″N 6°53′37″O / 42.250630555556, -6.8936
Poboación27 hab. (2023)
Entidades de poboación1[1]
[ editar datos en Wikidata ]

Santa María Madanela de Ponte[2] é unha parroquia do concello da Veiga, na provincia de Ourense. Eclesiasticamente pertence á diocese de Astorga. Segundo o IGE,[3] en 2023 tiña 27 habitantes (17 homes e 10 mulleres). Ten unha soa entidade de poboación.

Características

[editar | editar a fonte]

O lugar ten unha estrutura concentrada de estreitas rúas e construcións de pedra con teitos de lousa. Os edificios encostados están imbricados de vivendas, leñeiros e palleiras, nunha continuidade simple e práctica ao mesmo tempo. Das fachadas das casas moitas veces sobresaen os fornos onde os seus veciños antigamente facían o seu propio pan.

A poboación divídese a ámbalas dúas beiras do río Xares. A igrexa está no lado dereito do val e a antiga Casa-Escola está xunto ao río na marxe esquerda.

Ponte viviu no século XX da gandaría, da agricultura de autoconsumo no val do río Xares, e na primeira metade do século XX das explotacións mineiras do volframio.

A pedra en Ponte

[editar | editar a fonte]

Encóntranse diversas esculturas á vista ao longo do lugar, aínda que a construción máis rechamante é a Casa dos Baqueiros/Vaqueiros[4] que mostra nas paredes exteriores figuras gravadas e outras en relevo nas pedras sen unha organización clara e de difícil datación. Parecen pezas aproveitadas doutras construcións de natureza incerta, posibelmente algunha edificación ritual ou relixiosa. Entre as figuras, pódense observar figuras de seres humanos a cabalo, animais como un cervo e mesmo símbolos do Sol, a Lúa e unha vieira. Tamén se aprecian grafías e trazos diversos.[5][6]

Artigo principal: Pena Trevinca.

No contorno de Ponte, pódese practicar o sendeirismo, a astronomía, a pesca, principalmente no río Xares, e a caza. Desde Ponte, saen dous camiños sinalizados: o PR-G 199 Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto (18 km, ida e volta; se se vai até o pico de Pena Trevinca, esténdese até os 21,6 km; dificultade alta; duración de 7 horas)[7] e o PR-G 200 Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo (14 km, ida e volta; dificultade media-alta; duración de 5 horas)[8]. Desde 2015, Trevinca é un Destino Turístico Starlight[9], polo tanto un lugar recomendado para a observación nocturna do ceo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Ponte

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Ponte no concello da Veiga (Ourense)

A Ponte

Parroquias da Veiga

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Veiga

Baños (San Fiz) | Candeda (San Miguel) | Carracedo (San Miguel) | Casdenodres (San Salvador) | Castromao (Santa María) | Castromarigo (San Miguel) | Corexido (Santo Estevo) | Corzos (Santiago) | Curra (San Miguel) | Espiño (San Vicenzo) | Hedreira (Santa Comba) | Lamalonga (Santa María) | Meda (Santa María) | Meixide (Santa María) | A Ponte (Santa María Madanela) | Prada (Santo André) | Prado (Santo Estevo) | Pradolongo (San Pedro) | Requeixo (Santo André) | Riomao (San Tomé) | San Fiz (Santa Catalina) | San Lourenzo (San Lourenzo) | Santa Cristina (San Tirso) | Seoane (San Xoán) | Valdín (Santa María) | A Veiga (Santa María) | Vilaboa (Santa Lucía) | Vilanova (San Pedro) | Xares (Santa María)


  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. "Nomenclátor de Galicia 2026" (PDF). Real Academia Galega. Consultado o 2026-05-23.
  3. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
  4. Aparece nomeada con v e b segundo os autores/as.
  5. "A Casa dos Baqueiros. Ponte (A veiga)". Patrimonio Galego. Consultado o 2022-08-22.
  6. "A Veiga: un puzzle histórico nas fachadas". Capítulo Cero. Consultado o 2022-08-22.
  7. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de Turismo (2021-12-15). "Sendeiros PR-G 199 Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto na Veiga (Ourense)". Turgalicia. Consultado o 2022-08-21.
  8. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de Turismo (2021-12-15). "Sendeiros PR-G 200 Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo na Veiga (Ourense)". Turgalicia. Consultado o 2022-08-21.
  9. Company, The Geco. "Listado de Destinos Turísticos Starlight". Starlight Fundación (en castelán). Consultado o 2022-08-18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]