Rocódromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rocódromo de Jaata, Noruega.

Un rocódromo[1] é unha instalación preparada especificamente para a práctica da escalada sen necesidade de desprazarse á montaña. Está equipado con presas e seguros e a súa forma e tamaño poden ser libres ou estar condicionados polo edificio onde se atopa.

En Europa a norma que regula a construción de rocódromos é a UNE EN 12572, de obrigado cumprimento en toda a UE.

Formas[editar | editar a fonte]

Os rocódromos poden estar construídos de múltiples formas:

  • Estrutura metálica e cuberta de fibra: Son os que mellor imitan a rocha natural. As presas poden cambiarse de sitio mediante parafusos. A cuberta de fibra (chamada panel) adoita ser de fibra de vidro e está tratada cunha pintura especialmente áspera para mellorar o agarre. Os rocódromos máis importantes do mundo están fabricados neste material. O que acolle cada ano a prestixiosa competición de Arco (Italia) ten estas características.
  • Estrutura metálica e madeira: Trátase da versión máis popular. A madeira é normalmente laminada e desaconséllase o uso de paneis de madeiras de aglomerado ou DM pola súa baixa resistencia. En ocasións a madeira trátase con resinas e áridos para dar unha textura máis adherente. Esta opción é recomendable para instalacións de interior, dado que se se sitúa no exterior, exposta a fenómenos meteorolóxicos, a súa deterioración vaise acelerando.

Equipamento[editar | editar a fonte]

Presas e seguro
  • Presas: Obxectos de diferentes tamaños, formas e cores, que simulan os agarres dunha parede de montaña. Fíxanse ás pranchas do rocódromo con parafusos allen, usualmente de medidas 8 ou superior, Pódese variar a súa posición á vontade, o que fai que cambie a súa forma de uso e que unha mesma presa ofreza moitas posibilidades de dificultade. Os materiais de fabricación poden ser desde resinas de poliuretano ou epóxicas, cementos compactos como sikadur 31, fibra de vidro ou incluso madeiras ou pedras talladas.
  • Seguros: Trátase de plaquetas de aceiro inoxidable que na maioría dos casos fíxanse mediante un parafuso na propia estrutura do rocódromo. A posición dos seguros seguirá o disposto na norma europea.
  • Reunións: As vías adoitan dispoñer ao final de cada unha dun aseguramento, formado usualmente por unha argola e un mosquetón soldado de aceiro con peche de arame.

Rocódromos de competición[editar | editar a fonte]

Nos inicios da escalada deportiva as competicións celebrábanse en paredes naturais. Porén, axiña se trasladaron de marco ás mesmas. Hogano, tódalas competicións oficiais do calendario español e internacional celébranse en rocódromos.

En España celébranse polo menos 5 probas anuais, número que aumenta se España acolle algunha proba internacional. Conta cun calendario estable desde 1994, ano en que a Federación Española de Deportes de Montaña firmou un acordo coa empresa española Top 30 Rocódromos.

Os parámetros que rexen como debe ser un rocódromo de competición veñen determinados pola IFSC (International Federation Sport Climbing) nas probas internacionais e pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Visualización do concepto". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-05-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]