Lewis Milestone
Lewis Milestone | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de setembro de 1895 |
Chișinău | |
Falecemento | 25 de setembro de 1980 |
Os Ánxeles | |
Soterrado | Westwood Village Memorial Park Cemetery |
Nacionalidade | Imperio Ruso, Estados Unidos de América e Rusia |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cine, montador e actor |
Premios | Óscar ó mellor director e Academy Award for Best Director (Comedy picture) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leib Milstein, nado en Chişinău (Moldavia) o 30 de setembro de 1895 e finado nos Ánxeles (California) o 25 de setembro de 1980, foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no Imperio Ruso e chegou aos Estados Unidos en 1912, tendo diversos oficios ata comezar a dirixir en películas para o exército. Nacionalizouse estadounidense en 1919. Trala Primeira Guerra Mundial marchou a Hollywood, onde Howard Hughes o promocionou como director, chegando a gañar dous oscars ao mellor director por Two Arabian Knights e All Quiet on the Western Front.
Ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi incluído na lista negra por ser sospeitoso de simpatizar co comunismo. Isto levouno a abandonar os Estados Unidos e emigrar a Europa, onde seguiu dirixindo.[1] De volta aos Estados Unidos, dirixiu filmes como a A cuadrilla dos once e Rebelión a bordo.
Obra[editar | editar a fonte]
- The Toothbrush (1918)
- Posture (1918)
- Positive (1918)
- Fit to Win (1919)
- Seven Sinners (1925)
- The Caveman (1926)
- The New Klondike (1926)
- Two Arabian Knights (1927)
- The Garden of Eden (1928)
- The Racket (1928)
- New York Nights (1929)
- Betrayal (1929)
- All Quiet on the Western Front (1930)
- The Front Page (1931)
- Chuvia (1932)
- Hallelujah, I'm a Bum (1933)
- The Captain Hates the Sea (1934)
- Paris in Spring (1935)
- Anything Goes (1936)
- The General Died at Dawn (1936)
- Of Mice and Men (1939)
- The Night of Nights (1939)
- Lucky Partners (1940)
- My Life with Caroline (1941)
- Edge of Darkness (1943)
- The North Star (1943)
- Guest in the House (1944)
- The Purple Heart (1944)
- A Walk in the Sun (1945)
- O estraño amor de Marta Ivers (1946)
- Arch of Triumph (1948)
- No Minor Vices (1948)
- The Red Pony (1949)
- Halls of Montezuma (1951)
- Les Misérables (1952)
- Kangaroo (1952)
- Melba (1953)
- They Who Dare (1954)
- La Vedova X (1955)
- Pork Chop Hill (1959)
- A cuadrilla dos once (1960)
- Rebelión a bordo (1962)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Spartacus Educational (ed.). "Lewis Milestone". Consultado o 1 de setembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lewis Milestone na IMDb, (en inglés).