In medias res
In medias res (ou in media res) é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados.
A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio:
Semper ad eventum festinat et in medias res
Non secus ad notas auditorem rapitSempre se apresura cara ao asunto
e constrinxe aos ouvintes no medio da historia como se xa a coñecesen
Os exemplos máis coñecidos son A Ilíada e A Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.
Se a historia comeza desde o comezo dos acontecementos que narra, dise que se inicia ab ovo.