Citoquina
A citoquina[1] ou citocina[2][3] é un termo xenérico empregado para designar a un extenso grupo de moléculas implicadas na emisión de sinais intercelulares durante o desencadeamento das respostas inmunes. Constitúen un grupo de factores extracelulares que poden ser producidos por diversas células, coma monócitos, macrófagos, linfócitos e outras células non linfocíticas. Todas as citoquinas son pequenas proteínas ou péptidos, algunhas delas contendo moléculas de azucre ligadas (glicoproteínas). As diferentes citoquinas poden ser encadradas en diversas categorías: interferóns (IFN), interleucinas (IL), factores estimuladores de colonias (CSF), factor de necrose tumoral (TNF-alfa e TNF-beta), e factor de crecemento transformante beta (TGF-beta).
Clasificación das citoquinas
[editar | editar a fonte]A nivel estrutural
[editar | editar a fonte]Segundo a súa estrutura molecular, podemos subdividir as citoquinas en dous tipos:
- As familias con dominios de hélice α: Na ordenación tridimensional desta familia, todas as citoquinas están compostas por varios dominios de hélice alfa. Á súa vez, podemos diferenciar entre:
- A subfamilia da interleucina-2 (IL-2).
- A subfamilia do interferón (IFN).
- A subfamilia da interleucina-10 (IL-10).
- As familias da interleucina-1, que inclúen a interleucina-1 (IL-1) e a interleucina-8 (IL-8).
- As familias da interleucina-17 (IL-17), das que se cre que teñen un efecto na estimulación da produción de linfócitos T cititóxicos.
A nivel funcional
[editar | editar a fonte]Mediadores e reguladores da inmunidade innata
[editar | editar a fonte]Son producidos polos macrófagos e estimulados polos microorganismos alleos ao noso corpo. Son os encargados de preparar o organismo para defendelo de axentes patóxenos ou estraños. Ademais, estimulan ou inhiben as reaccións de tipo inflamatorio. Neste grupo atópanse as IL-1, IL-6, IL-12, IL-16, TNF-alfa, IFN-alfa e o INF-ß.
Quimiocinas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Quimiocinas.
Son citoquinas quimiotáticas que atraen leucócitos ás zonas de infección.
Mediadores de regulación da inmunidade específica
[editar | editar a fonte]Prodúcense como resposta á activación dos linfócitos T. Potencian ademais as reaccións inmunitarias. Son a IL-2, IL-4, TGF-ß, INF-y.
Estimuladores da proliferación e diferenciación dos percursores hematopiéticos
[editar | editar a fonte]Deste subgrupo forman parte o SCF, IL-3, IL-7, G-CSF, GM-CSF, M-CSF.
Efectos
[editar | editar a fonte]Cada citocina únese a un receptor da superficie celular específico xerando cascadas de sinalización celular que alteran a función celular. Isto inclúe a regulación positiva ou negativa de diversos xenes e os seus factores de transcrición que resultan na produción doutras citocinas, ou un aumento no número de receptores de superficie para outras moléculas, ou a supresión do seu propio efecto mediante retroregulación.
A sobreestimulación das citoquinas pode disparar unha síndrome perigosa chamada tormenta de citoquinas.
As citocinas caracterízanse pola súa redundancia: moitas citocinas distintas comparten funcións similares. Ademais, as citocinas son pleiotrópicas: actúan sobre moitos tipos celulares diferentes e unha célula pode expresar receptores para máis dunha citoquina.
Facer unha xeneralización dos seus efectos é practicamente imposíbel. De acordo coas súas funcións clasifícanse en:
- Autócrinas, se a citocina actúa sobre a célula que a secreta.
- Parácrinas, se a acción restrínxese ao espazo próximo e inmediato do lugar de secreción
- Endócrinas, se a citocina chega a rexións distantes do organismo (mediante sangue ou plasma) para actuar sobre diferentes tecidos
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |