Citolisina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A citolisina é unha substancia, por exemplo un anticorpo ou unha toxina bacteriana, segregada por microorganismos, plantas ou animais, que é especificamente tóxica para determinadas células,[1] e en moitos casos causa a súa destrución por medio de lise. As citolisinas que posúen unha acción específica para determinadas células noméanse en función de dita acción. Por exemplo, as citolisinas responsables da destrución de eritrocitos denomínanse hemolisinas, e producen unha liberación de hemoglobina.[2] As citolisinas poden encontrarse en velenos e están implicadas na inmunidade. Os anticorpos antibacterianos que contribúen a lisar (xunto co complemento) as células bacterianas denomínanse bacteriolisinas.[3]

A hemolisina é tamén usada por certas bacterias, como a Listeria monocytogenes, para romper a membrana do fagosoma dos macrófagos e escapar ao citoplasma da célula.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cytolysin" entry from the American Heritage Medical Dictionary, on TheFreeDictionary.con (visto en febreiro de 2013)
  2. "Hemolysin" entry on TheFreeDictionary.con (visto en febreiro de 2013)
  3. The Free Dictionary - Bacteriolysin [1] (visto en febreiro en 2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]