Interleucina 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "IL-1")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estrutura da Interleucina-1
Interleucina 1 beta
Identificadores
Símbolo IL1B
Símbolos alt. IL1F2
Entrez 3553
HUGO 5992
OMIM 147720
PDB 2MIB
RefSeq NM_000576
UniProt P01584
Outros datos
Locus Cr. 2 q13-q21

A interleucina 1 (IL-1 ou IL1) é unha citocina producida por múltiples estirpes celulares, principalmente por macrófagos activados. Prodúcese en grandes cantidades como resposta a infeccións ou calquera tipo de lesión. É un mediador fundamental na resposta inflamatoria ocasionando febre, neutrofilia e produción de proteínas de fase aguda. Codificada no cromosoma 2, historicamente foi unha das primeiras citocinas descubertas.

Características[editar | editar a fonte]

A IL-1 é liberada polos macrófagos, monocitos e células dendríticas en resposta ao factor de necrose tumoral alfa (TNF-α). Coñécense tres formas:

- Tipo I: atópanse sobre a maioría das células do corpo e parece ser o mediador das respostas clásicas da IL-1.
- Tipo II: atópanse sobre linfocitos B, neutrófilos, monocitos e células da medula ósea.
  • IL-1RA. É inhibitoria sobre as outras dúas formas actuando como antagonista impedindo a unión de IL-1a e β aos seus respectivos receptores.

A pesar das diferenzas estruturais entre a IL-1α e a IL-1β, ambas se unen ao mesmo receptor. Por suposto, o antagonista IL-1RA ten afinidade por ese mesmo receptor. As tres moléculas, así como o seu receptor, sintetízanse a partir de xenes localizados no mesmo cromosoma. IL-1α e IL-1β son fragmentos de 17 kDa orixinados a partir de proteínas precursoras inactivas, duns 30 kDa, chamadas pro-IL-1α e pro-IL-1β.

Funcións[editar | editar a fonte]

A interleucina 1 ten accións estimuladoras, así como inhibitorias, sobre diversos tipos celulares e incluso promove a apoptose doutras. Entre as súas funcións principais están:

Investigación[editar | editar a fonte]

Ensaiouse o seu uso na estimulación da reacción inflamatoria en doentes inmunodeprimidos. Así mesmo, o hipotético uso de antagonistas da IL-1 como antiinflamatorios.

Notouse que certos tumores medran máis lentamente do común, ou non se desenvolven, en ratos carentes de IL-1.

Crese que IL-1 é un intermediario das hormonas gonadotropinas no ciclo da ovulación

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]