Interleucina 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "IL-3")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Interleucina 3
Identificadores
Símbolo IL3
Símbolos alt. IL-3; MCGF; MULTI-CSF
Entrez 3562
OMIM 147740
PDB 1JLI
RefSeq NP_000579
UniProt P08700
Outros datos
Locus Cr. 5 :(131.4 – 131.4 Mb)

A interleucina 3, abreviada como IL-3 (ou IL3), é unha proteína reguladora inmunitaria do tipo das interleucinas, que nos humanos está codificada no xene IL3 do cromosoma 5.[1][2] O xene humano da IL-3 codifica unha proteína de 152 aminoácidos, e a IL-3 natural está glicosilada. O xene humano da IL-3, está situado a só 9 kb do xene do GM-CSF, e a súa función é bastante similar á deste.

Función[editar | editar a fonte]

A interleucina 3 (IL-3) é unha interleucina, un tipo de sinal químico biolóxico (citocina) que pode mellorar a resposta natural do corpo ás doenzas como parte do sistema inmunitario. Actúa uníndose ao receptor da interleucina 3.

A IL-3 estimula a diferenciación das células nais hematopoéticas multipotentes en células proxenitoras mieloides ou, coa adición de IL-7, en células proxenitoras linfoides. Ademais, a IL-3 estimula a proliferación de todas as células da liñaxe mieloide (granulocitos, monocitos, e células dendríticas), en conxunción con outras citocinas, por exemplo, a eritropoetina (EPO), factor estimulante das colonias de granulocitos-macrófagos (GM-CSF), e IL-6. É segregada polos basófilos e por células T activadas para apoiar o crecemento e diferenciación das células T nas respostas imunitarias. As células T activadas poden inducir a súa propia proliferación e diferenciación por sinalización autócrinsa ou poden inducilas noutras células T por sinalización parácrina, e en ambos os casos está implicada a unión de IL-2 ao receptor de IL-2 das células T (regulado á alza cando se activa a célula, baixo a indución feita pola IL-1 segregada por macrófagos).

Descubrimento[editar | editar a fonte]

A interleucina 3 descubriuna JN Ihle orixinariamente nos ratos. Atopou un factor derivado das células T que inducía a síntese de 20alfa-hidroxiesteroide deshidroxenase en células hematopoéticas e denominouno interleucina 3.[3][4]

Interactions[editar | editar a fonte]

A interleucina 3 presenta interaccións con IL3RA.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrez Gene: IL3 interleukin 3 (colony-stimulating factor, multiple)". 
  2. Yang YC, Ciarletta AB, Temple PA, Chung MP, Kovacic S, Witek-Giannotti JS, Leary AC, Kriz R, Donahue RE, Wong GG (October 1986). "Human IL-3 (multi-CSF): identification by expression cloning of a novel hematopoietic growth factor related to murine IL-3". Cell 47 (1): 3–10. PMID 3489530. doi:10.1016/0092-8674(86)90360-0. 
  3. Ihle JN, Pepersack L, Rebar L (June 1981). "Regulation of T cell differentiation: in vitro induction of 20 alpha-hydroxysteroid dehydrogenase in splenic lymphocytes from athymic mice by a unique lymphokine". J. Immunol. 126 (6): 2184–9. PMID 6971890. 
  4. Ihle JN, Weinstein Y, Keller J, Henderson L, Palaszynski E (1985). "Interleukin 3". Meth. Enzymol. Methods in Enzymology 116: 540–52. ISBN 978-0-12-182016-9. PMID 3003517. doi:10.1016/S0076-6879(85)16042-8. 
  5. Stomski FC, Sun Q, Bagley CJ, Woodcock J, Goodall G, Andrews RK, Berndt MC, Lopez AF (June 1996). "Human interleukin-3 (IL-3) induces disulfide-linked IL-3 receptor alpha- and beta-chain heterodimerization, which is required for receptor activation but not high-affinity binding". Mol. Cell. Biol. 16 (6): 3035–46. PMC 231298. PMID 8649415. 
  6. Woodcock JM, Zacharakis B, Plaetinck G, Bagley CJ, Qiyu S, Hercus TR, Tavernier J, Lopez AF (November 1994). "Three residues in the common beta chain of the human GM-CSF, IL-3 and IL-5 receptors are essential for GM-CSF and IL-5 but not IL-3 high affinity binding and interact with Glu21 of GM-CSF". EMBO J. 13 (21): 5176–85. PMC 395466. PMID 7957082. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]