Cinchona
Cinchona | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. officinalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase o texto |
Cinchona é un xénero de plantas fanerógamas da orde das Gentianales da familia das Rubiaceae. Ten 25 especies de grandes arbustos ou pequenas árbores que alcanzan os 5-15 metros de altura.[1]
Ten as follas opostas, lanceoladas a redondeadas, perennes de 1-4 dm de lonxitude. As flores de cor branca, rosa ou vermella prodúcense en panículas terminais. O froito é unha cápsula con numerosas sementes.
Algunhas especies deste xénero, como a Cinchona officinalis, tamén chamada quina, producen quinina, un alcaloide con propiedades antipiréticas, antipalúdicas e analxésicas. O descubrimento das súas propiedades supuxo unha revolución no eido da medicina, e aínda hoxe se segue empregando con fins médicos.
Foi nomeada por Carl Linnaeus na honra de Dona Francisca Enríquez de Rivera, a segunda esposa do IV Conde de Chinchón, Don Luis Jerónimo Fernández de Cabrera y Bobadilla, por ser ela, segundo a tradición, quen descubriu o seu uso entre as xentes do Vello Mundo polas propiedades medicinais da casca desta planta. Linnaeus transcribiu o son castelán 'chi' á maneira italiana, isto é, 'ci', o cal era frecuente na época.
Especies
[editar | editar a fonte]- Cinchona antioquiae L.Andersson 1998
- Cinchona asperifolia Wedd. 1848
- Cinchona barbacoensis H.Karst. 1860
- Cinchona × boliviana Wedd. 1848
- Cinchona calisaya Wedd. 1848
- Cinchona capuli L.Andersson 1994
- Cinchona fruticosa L.Andersson 1998
- Cinchona glandulifera Ruiz & Pav. 1802
- Cinchona hirsuta Ruiz & Pav. 1799
- Cinchona krauseana L.Andersson 1998
- Cinchona lancifolia Mutis 1793
- Cinchona lucumifolia Pav. ex Lindl. 1838
- Cinchona macrocalyx Pav. ex DC. 1829
- Cinchona micrantha Ruiz & Pav. 1799
- Cinchona mutisii Lamb. 1821
- Cinchona nitida Ruiz & Pav. 1799
- Cinchona officinalis L. 1753
- Cinchona parabolica Pav. in Howard 1859
- Cinchona pitayensis (Wedd.) Wedd. 1849
- Cinchona pubescens Vahl 1790
- Cinchona pyrifolia L.Andersson 1998
- Cinchona rugosa Pav. in Howard 1859
- Cinchona scrobiculata Humb. & Bonpl. 1808
- Cinchona villosa Pav. ex Lindl. 1838
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cinchona |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cinchona |
- La Misión de Cinchona Arquivado 07 de decembro de 2023 en Wayback Machine.
- Proyecto Cinchona - Ortiz
- Proyecto Maricela Argudo's Cinchona
- Cinchona Bark
- Using Bark to Cure the Bite
- Alcaloides de CinchonaArquivado 11 de abril de 2005 en Wayback Machine.
- Peruvian Bark
- Foto de Cinchona
- Fotos de Cinchona pubescens Arquivado 07 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.