Enciclopedia Libre Universal en Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Enciclopedia Libre Universal en Español é un fork da Wikipedia en lingua castelá. Apareceu a comezos do ano 2002 cando se propuxo que a Wikipedia aceptara anuncios pagados (hai que ter conta que, naquel momento, a Wikipedia dependía dunha empresa privada, Bomis Inc., antecesora da Fundación Wikimedia).

A Enciclopedia foi hospedada ata o momento de xeito físico na Universidade de Sevilla, motivo polo que aínda segue a ter un enderezo electrónico us.es. Nos seus primeiros tempos, a Enciclopedia Libre Universal en Español chegou a ter máis artigos que a versión en lingua española da Wikipedia, se ben dende maio de 2015 o número de artigos é vinte veces menor que a correspondente Wikipedia en castelán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]