Christian Dior
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xaneiro de 1905 Granville |
| Morte | 24 de outubro de 1957 (52 anos) Montecatini Terme |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Callian |
| Residencia | vila Les Rhumbs (en) |
| Educación | Collège Stanislas (París) École Libre des Sciences Politiques (en) |
| Lateralidade | destro |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Deseño de moda |
| Ocupación | deseñador de alta costura, deseñador de moda, empresario, deseñador de vestiario |
| Período de actividade | 1929 |
| Representante | Marjan Sterk Fine Art Jewellery (pt) |
| Compañeiro profesional | Jean-Claude Champagnat |
| Participou en | |
| 28 de xaneiro de 2024 | Sprekende juwelen – de keuze van Martijn Akkerman (pt) |
| All that Glitters (pt) |
|
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Familia | Família Dior (pt) |
| Cónxuxe | sen valor |
| Pais | Maurice |
| Irmáns | Catherine Dior |
| Premios | |
| Sitio web | dior.com |
Christian Dior, nado en Granville o 21 de xaneiro de 1905 e finado en Montecatini (Italia) o 24 de outubro de 1957, foi un deseñador de moda francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Christian Dior foi educado polo servizo diplomático na École des Sciences Politiques de París. Logo, comezou a traballar na industria da moda. Dior fixo esbozos para Robert Piguet, o gran deseñador parisiense da época.
En 1946, apoiado polo magnate téxtil (Marcel Boussac, o "rei do algodón"), estableceu o seu principal casa de costura en París. En vinte anos expandió o seu negocio a 15 países e empregaba a máis de 2.000 persoas.
Dior é especialmente coñecido polo estilo "New Look" de 1947 (sobrenome dado por unha xornalista americana): ombreiros torneados, cintura fina cunha saia ampla en forma de corola a vinte centímetros do chan. Os seus modelos representan a elegancia clásica, dando valor a unha imaxe feminina. Despois da súa morte, a casa Dior continuou con outros deseñadores, Yves Saint Laurent, Marc Bohan, Gianfranco Ferré, John Galliano, Raf Simons e Maria Grazia Chiuri.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quino Petit (3-6-2017). "Sidney Toledano, el emperador de Dior". El País Semanal (en castelán). Consultado o 24-3-2018.