Christian Dietrich Grabbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Christian Dietrich Grabbe
Christian Dietrich Grabbe by Joseph Wilhelm Pero.jpg
Nacemento11 de decembro de 1801
 Detmold
Falecemento12 de setembro de 1836
 Detmold
CausaSífilis
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Leipzig
Ocupacióndramaturgo, escritor, poeta avogado e xuíz
Coñecido/a porDon Juan und Faust
editar datos en Wikidata ]
Grabbe, debuxo de Theodor Hildebrandt, 1832

Christian Dietrich Grabbe, nado en Detmold 11 de decembro de 1801 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1836, foi un dramaturgo alemán da era do Vormärz. Autor de pezas históricas onde desenvolve unha visión pesimista e sen ilusión do mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial de prisións, comezou a escribir textos teatrais aos dezaseis anos durente os seus anos de ensino medio. Unha bolsa de estudos concedida pola princesa Pauline permitiulle estudar dereito en Leipzig, continuando despois en Berlín. Tras o remate da carreira intentou sen éxito traballar no teatro, como actor ou director.

Grabbe volveu a Detmold, pasou o exame que lle permitía exercer e procurou traballo como xurista, finalmente en 1826 logrou exercer como substituto dun auditor militar enfermo. En 1829 logrou realizar a única representación dunha obra súa en vida, foi Don Juan und Faust. A partir de 1831 a súa saúde empeorou, facéndose visibles tamén os efectos do alcoholismo [1]. Casou en 1833 con Christina Clostermeier pero o matrimonio resultou nun fracaso e ao ano seguinte marchou a Frankfurt, establecéndose máis tarde en Düsseldorf, onde traballou temporalmente no Altes Theater con Karl Immermann. Grabbe volveu finalmente a Detmold en 1836, divorcíase da muller, morrendo pouco despois de neurosífilis.

Obra[editar | editar a fonte]

Con Georg Büchner, Grabbe foi un dos principais dramaturgos alemáns do seu tempo e un renovador do teatro alemán, a súa obra prima Herzog Theodor von Gothland chocou os críticos compemporáneos polos seu nihilismo. Influenciado por Shakespeare e o movemento Sturm und Drang, as súas pezas foron moi ambiciosas, con masas ateigando o escenario e con rápidos cambios de escena que puñan a proba a capacidade técnica dos teatros da época. Disolveu as ríxidas formas do drama clásico nunha serie de escenas vagamente conectadas e foi un dos pioneiros do drama realista. Despois da súa morte quedou esquecido ata que a súa obra volveu agromar cos dramaturgos naturalistas e expresionistas. Os nazis considerárono un gran poeta nacional, explotando o contido antisemita que esporadicamente aparecía no seu traballo, enaltecendo tamén seu o retrato nacionalista da historia alemá.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Herzog Theodor von Gothland, traxedia (1822); primeira representación en 1892 en Viena
  • Scherz, Satire, Ironie und tiefere Bedeutung, comedia, (1822/27); primeira representación 1907, Múnic
  • Nannette und Maria, melodrama (1823); primeira representación 1914, Kettwig (Essen)
  • Marius und Sulla, fragmento (1823–27); primeira representación 1936, Detmold
  • Über die Shakspearo-Manie, teatro mémoire (1827)
  • Don Juan und Faust, traxedia (1828), primeira representación 1829, Detmold
  • Kaiser Friedrich Barbarossa, drama (1829), parte I do ciclo dedicado aos Hohenstaufen; primeira representación 1875, Schwerin
  • Kaiser Heinrich VI., drama (1829), parte II do ciclo dos Hohenstaufen; primeira representación 1875, Schwerin
  • Etwas über den Briefwechsel zwischen Schiller und Goethe, memoria literaria (1830); publicado parcialmente 1835
  • Napoleon oder Die hundert Tage, drama (1831); primeira representación 1895, Frankfurt
  • Kosciuzko, fragmento (1835); primeira representación 1941, Gelsenkirchen
  • Aschenbrödel, comedia (1829/35); primeira representación 1937, Detmold
  • Hannibal, traxedia (1835); primeira representación 1918, Múnic
  • Der Cid, libretto dunha ópera de Norbert Burgmüller (1835); primeira representación 2002, Isen
  • Die Hermannsschlacht, drama (1835–36); primeira presentación 1936, Detmold

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ernst Fleischhack Georg Fein bei Grabbe in Dortmund. Eine noch unbekannte Begegnung im Herbst 1828 en Detlev Kopp (1996) Christian Dietrich Grabbe - Ein Dramatiker der Moderne. Bielefeld, pp. 129-136
  2. Werner Broer e Detlev Kopp (1986) Grabbe im Dritten Reich. Bielefeld