Conversa:Chévere

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que antes de revertir unha edición por dúas veces que, ademais, está referenciada, hai que facer un esforzo de encontrar un punto de encontro. Isto é o que semella estar sucedendo cunha eliminación que o usuario Marcoos44 está facendo dun texto editado por min hai un tempo neste artigo. O meu texto orixinal di que «A partir da mudanza ao concello de Teo no 2012, as Ultranoites cambiaron o nome para Ultranoiteo ». A edición de Marcoos44 simplemente a elimina. A primeira eliminación arguméntaa dicindo no título que a «eliminación da mención á "Ultranoiteo" porque foi unha denominación temporal» e a segunda (realizada hoxe, día 16 de abril) expresa no título da reversión: «Como se ve no currículum de Arantza Villar, houbo só tres edicións que se chamaron "Ultranoiteo". Despois da última, houbo polo menos tres chamadas outra vez "Ultranoite"».

Como está probado, a denominación Ultranoiteo existiu. Coido que nesto coincidimos. No que semella que non hai consenso é en manter esta información ou non. Eu entendo que é importante facer constar esta denominación, por moi temporal que ista resultase, porque expresa unha vontade do grupo de identificación do proxecto co concello que lles dera novo acubillo. Que isto non se mantera despois de pasados uns anos non quita que debamos esquecernos delo. É de simple xustiza. Ata a propia Arantza Villar, á que se cita só no título da reversión, non rehusa empregar as devanditas denominacións de Ultranoiteo no seu curriculo.

Pero, entendo que é moi sinxelo facer converxer as dúas posicións engadindo unha frase a continuación, non eludindo algo que é xa historia, do estilo «denominación que despois dun tempo abandonouse, recuperando o antigo nome», ou como se quera expresar, dame o mesmo. Penso que isto é algo moito mellor antes que o feito de rachar coas contribucións razonadas e referenciadas doutros usuarios.

Por outra banda, agradezo moito todas as aportacións do usuario Marcoos44, que se nota coñece moi ben o tema tratado neste artigo. Son moitas e ben documentadas. Só quixera tamén apuntar que, entre as devanditas contribucións, tamén modificou varias expresións de menor importancia que coido non tiñan maior problema en manterse, incluso aquelas ás que se lles engadira algunha información extra. Seica entendeu que o seu criterio sintáctico era mellor, e é posible que o sexa. Pola miña banda, cando fago modificacións textuais doutros artigos, tento non mudar as expresións dos editores que me precederon, salvo que sexa imprescindible ou sexa realmente unha desfeita o que escribiron. Se é así o meu texto (unha desfeita) síntoo moito e tentarei corrixirme, se me explican onde están os erros.

En fin, antes de entrar nunha guerra de edicións creo que é bó entenderse e traballar xuntos en mellorar este artigo, se é posible. Un saúdo--Castelao (conversa) 16 de abril de 2018 ás 20:02 (UTC)[responder]

Desculpa[editar a fonte]

Ola Castelao, desculpa se che incomodou a eliminación. Paréceme un dato interesante o uso de "Ultranoiteo" nalgúns espectáculos, pero a afirmación que se facía aí non era verdade (A partir de X pasaron a chamarse "Ultranoiteo"), así talvez cumpría mencionar todos os nomes "metamorfoseados" que tiveron estes espectáculos: Ultranoite.gal, Ultranoite de San Xoán, Ultraleite, Relaxing Ultranoite... (sácoo do currículum de Arantza Villar que che comentei). Reitero as desculpas e a respecto das mudanzas sintácticas, tento facer aportacións sempre respectando os anteriores editores pero tentando crear un artigo unificado tanto en estilo como en concordancia, que se poida ler dunha vez sen notarse ese cambio de editor. Aínda así andarei con ollo nas próximas ocasións.

Un saúdo pacífico e fraternal,

--Marcoos44 (conversa) 16 de abril de 2018 ás 20:25 (UTC)[responder]

Sobre Ultranoiteo e Ultranoite[editar a fonte]

Escrito na páxina de conversa do usuario Marcoos44 ás 06h39:

«Grazas polas túas palabras, Marcoos44. Porén, falas de "unificación de estilo", e isto pode levar a pensar que consideras o teu o correcto e non o dos demais. Como comprenderás, non compartiría esa visión. O proxecto wikipedista é colaborativo, non impositivo.
En canto ao tema que iniciou este fío, boto en falta que as desculpas non veñan acompañadas da rectificación cando menos parcial que propuxen. Na miña opinión, a expresión empregada é verdade, porque non falta a ela. O cambio existiu, pese a que no momento de redactar a frase (2014) non había perspectiva dabondo para saber se a DECISIÓN denominativa ía mudarse de novo. Agochar a verdade pode dar lugar á mentira. E, por outra banda, tampouco negas a transcendencia política dela. Polo tanto, en orde a manter unha homoxeneidade de relato que non fuxa de actuacións do grupo que definen o seu pensamento, eu si que vou a actualizar a redacción, que non a manter a mesma anterior á túa intervención. Non cres que é mellor rectificar ou complementar que rachar? Confío en que respectes nesta ocasión as aportacións doutro usuario, do mesmo xeito que eu respectei as túas».

Escrito na páxina de conversa do usuario Marcoos44 ás 08h47:

«Hai que chegar a un consenso e non simplemente eliminar por eliminar. Xa propuxen un texto alternativo onte, pero non hai aceptación e a única alternativa semella ser aceptar a eliminación. Eu acho que debería ser ao revés: se queres modificar algo, fálao antes. Caso contrario, estase a usar unha política de feitos consumados: calar, seguir revertendo e así queda. Entendo que alguén se poida precipitar nunha edición, pero unha vez que ollas que a alguén lle molesta e revirte a túa eliminación e o argumenta (por se non estivera xa referenciado), tes que parar e non facer por entrar nun bucle de reversións, que é precisamente o que eu estou tentando evitar.
Quizais por iso a única opción posible en tanto se aclara o texto definitivo nese apartado é volver á primeira edición. Senón, como dicía, entenderíao como unha imposición de feitos consumados».

--Castelao (conversa) 17 de abril de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]

Castelao, Marcoos44 xa desfixo a súa edición, penso que podemos traballar dende este punto, aclarar e/ou mellorar esa información esquecendo os problemas pasados. O texto que contén agora o artigo é "A partir da mudanza ao concello de Teo no 2012, as Ultranoites cambiaron o nome para Ultranoiteo[9].", comecemos agora a revisar isto e pulir o que vexades necesario nesta páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2018 ás 09:38 (UTC)[responder]
Grazas de veras aos dous. Seica unha posibilidade é expresalo do seguinte xeito: «Tras a mudanza a Teo, as Ultranoites celebradas neste concello cambiaron o nome para Ultranoiteo durante o ano 2012[9], recuperando posteriormente a denominación orixinal». As ultranoites que durante o 2012 conservaron o nome de Ultranoite foron só as levadas a cabo fóra do concello. A primeira foi a de Lugo (Ultranoite en Lugo) no mes de xullo, despois de terse celebrado dúas Ultranoiteo en abril e xuño. No 2012 houbo outras dúas fóra do concello, n'A Coruña e Santiago. Logo, otra Ultranoiteo. A partir do 2013 tanto as celebradas en Teo como fóra dalí recibiron o nome de Ultranoite, sempre co apelido da versión que tocara ("Ultranoite do aquí", "Relaxing Ultranoite", etc.), como era costume xa en anos anteriores.
É só unha proposta de redacción. Creo que o máis importante é transmitir esa decisión consciente dos Chévere de reivindicar o nome de quen lles deu o acubillo que outros lles negaron. Acho que o formato, por iso, nun determinado contexto polo menos, mudou o nome. Un saúdo!--Castelao (conversa) 17 de abril de 2018 ás 15:18 (UTC)[responder]
Castelao, eu, dentro do meu descoñecemento do tema, penso que está ben, só un detalle de estilo, a referencia debería ir ó final da frase. A ver o que comenta Marcoos44. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2018 ás 10:36 (UTC)[responder]
Bos días! Como xa pasou un mes e non houbo outra proposta, vou facer o cambio na redacción. Un saúdo!--Castelao (conversa) 16 de maio de 2018 ás 06:12 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Chévere. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 19:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Chévere. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de outubro de 2018 ás 20:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Chévere. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 06:41 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Chévere. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de xuño de 2019 ás 21:27 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Chévere. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de decembro de 2019 ás 18:43 (UTC)[responder]